Aprender a Pensar

Bitácora de clase

Camiñando con Xesús

CPI Camiño de Santiago

TRABALLOS ALUMNOS

CURSO 2011-12

Comenzamos o curso na escola unitaria de Boavista recordando que Xesús é o noso amigo e quere que todos nos queramos e sexamos amigos uns dos outros. Para recordalo mellor fixemos entre todos un mural que representa simbólicamente esta unión e fraternidade. Verdade que nos quedou ben?

No primeiro trimestre os alumnos de 4º curso aprenderon que son os evanxeos e quen os escribiu, e por grupos o explican en cadanseu mural.

No segundo trimestre os alumnos de 3º aprenderon como era o país de Xesús, que animais e que plantas había, e en que traballaban as súas xentes. Levou varias sesións de traballo pero o resultado paga a pena.

Casi finalizando o segundo trimestre o 2º ciclo fixo este outro mural sobre a Semana Santa e a Pascua.

CURSO 2010-11

No primeiro trimestre os alumnos de 3º traballaron o tema da Creación e como remate fixeron este mural nos que eles mesmos escolleron o título e distribuiron as fotos ó seu gusto.

No segundo trimestre traballamos A Familia. Coñecimos que Xesús tamén tivo unha familia que o cuidou e aprendimos que na familia o máis importante é o amor.

Como remate do tema trouxeron fotos no que aparecen coas súas familias para facer este outro mural

En 6º coñecemos como vivían as primeiras comunidades cristiás e un grupo de alumnos fixeron un traballo que o recordaba.

Tamén fixeron un pequeno mural sobre o camiño da Coaresma dende o Mércores de Cinza ate a Pascoa. Recordando as lecturas de cada domingo e a gran solemnidade de San Xosé e a Anunciación, sen esquecernos do Triduo Pascoal.

No terceiro trimestre os alumnos de 2º curso fixeron un traballo de recopilación, preguntándolle ás avoas que oracións recordaban elas de cando eran nenas. Coas oracións recopiladas fixeron un mural de volvoratas que voan cara ó ceo igual que voan as nosas oracións. Tamén fixeron un pequeno libriño para levar para casa e que non quedaran no esquecemento. Quedoulles moi bonito:

Finalmente, os nenos da escola unitaria de Boavista recordaron o seu bautismo facendo un mural coas fotos que trouxeron da casa, e este foi o resultado.

CURSO 2009-10

TRABALLO SOBRE A CREACIÓN FEITO POLOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º (CURSO 2009-10)

Os alumnos de 6ºA fixeron, no terceiro trimestre, este outro traballo de investigación. O tema era: “RADIO KWIZERA, UNHA RADIO PARA A PAZ”

Aprender a Pensar