Aprender a Pensar

Bitácora de clase

Camiñando con Xesús

CPI Camiño de Santiago

Sobre Marisé

CPI Camiño de Santiago

Marisé
Profesora de religión católica en el CPI Camiño de Santiago, para los niveles de infantil y primaria.

 
Entradas de Marisé

BO SAMARITANO LEGO

escrito el 13 de marzo de 2017 por en General

Xesús, co seu exemplo,  ensínanos a amar ó próximo.

Amar ó próximo é ser solidario.

E ser solidario é axudar a quen o necesita.

Para explicar quen é o próximo Xesús contaba a parábola do Bo Samaritano.

Aquí vos deixo este video da parábola feita con figuras Lego.  Espero que vos guste.

Despois de ve-lo vídeo pensa…

  • A que personaxe te pareces ti?

  • Que fas cando alguén, ó teu carón, necesita axuda?

  • Cal é a actitude que debe ter un cristián?

Xesús o dixo ben claro ó final da historia, pois vai e fai ti o mesmo.



etiquetas:

seguir leyendo...

XOGA NO NADAL

escrito el 5 de diciembre de 2016 por en General

Clica na imaxe e xoga coas actividades


etiquetas:

seguir leyendo...

QUE FAI DEUS POLOS QUE SOFREN?

escrito el 26 de octubre de 2016 por en General

Deus creou o mundo e regalounolo para que sexamos felices. Pero…

Que fai Deus polos que sofren?


etiquetas:

seguir leyendo...

COLOREAR A CREACION ON LINE

escrito el 18 de noviembre de 2015 por en General

Deus creou un mundo moi bonito e nolo regalou para que o coidemos e vivamos felices.

Colorea on line estes debuxos da Creación. Preme na imaxe para poder facelos

 


etiquetas: ,

seguir leyendo...

EL CORAZONCITO

escrito el 7 de octubre de 2015 por en General

Que tal vai a marcha do curso?

Para que vos animedes deixovos este video que xa fora publicado con anterioridade e que vos gustara moito. 


etiquetas:

seguir leyendo...

ANO LITÚRXICO 6ºB

escrito el 15 de junio de 2015 por en Fotolog

Fotos da elaboración de traballo sobre o ano litúrxico feito polo alumnado de 6º B:

2014 15 6Bal 09

 


seguir leyendo...

ANO LITÚRXICO 6ºA

escrito el 15 de junio de 2015 por en Fotolog,General

Elaboración do traballo sobre o ano litúrxico feito polo alumnado de 6ºA que podedes ver premendo na foto:

2014 15 6Aal


seguir leyendo...

VISITA Á AULA DE INFORMÁTICA

escrito el 15 de junio de 2015 por en Fotolog

Alumnos de 1º traballando na aula de informática:

1415 1º

Alumnado de 2º:

1415_201

Alumnado 4º A:

1415_4A01

Alumnos de 4º B:

1415_4B01


seguir leyendo...

SEMANA SANTA EN CARTEIS

escrito el 15 de junio de 2015 por en General

Carteis recordando que celebramos na Semana Santa feitos polos alumnos e alumnas de 6º curso.

1415_6BSS01 1415_6ASS05 1415_6ASS04 1415_6ASS03 1415_6ASS02 1415_6ASS01 1415_6BSS02

 


etiquetas: ,

seguir leyendo...

O ANO LITÚRXICO

escrito el 23 de febrero de 2015 por en General

O ano litúrxico é o calendario relixioso da Igrexa católica. Comprende as diversas festas cristiás que se celebran ó longo dun ano. Nel faise un percorrido polos acontecementos máis importantes da vida de Xesús. Está organizado nos seguintes tempos litúrxicos:

– Advento: periodo de catro semanas antes do Nadal. É un tempo para prepararnos para celebrar o nacemento de Xesús.

Cor: morada.

Símbolo: unha coroa de catro candeas (cada domingo acéndese unha).

– Nadal: do 25 de decembro ó primeiro domingo despois de Epifanía (Reis). Celebramos o nacemento de Xesús.

Cor: branca.

Símbolo: o belén.– Primeiro tempo ordinario: tempo para recordar as palabras e os feitos de Xesús. Dura desde o final de Nadal ata Coresma.

Cor: verde.

– Coresma: corenta días desde o Mércores de cinzas ata a Pascua. Preparámonos para a Semana Santa, para celebrar a morte e resurrección de Xesús.

Cor: morada.

Símbolo: a cinza.

A Semana Santa comenza o Domingo de Ramos e termina a véspera do domingo de Resurrección.

– Pascua: tempo para celebrar a resurrección de Xesucristo. Son cincuenta días dende o domingo de Resurrección a Pentecoste.

Cor: branca.

Símbolo: o cirio pascual (simboliza a Xesús resucitado).

– Pentecoste: celebramos a vinda do Espírito Santo.

Cor: vermella.

– Segundo tempo ordinario: desde Pentecoste ata Advento.


etiquetas:

seguir leyendo...

SEN TEMPO NON FOI

escrito el 23 de febrero de 2015 por en Fotolog,General

O curso pasado os alumnos de 2º fixemos fotos na aula de informática que por diversas razóns non viron a luz, pero que as alumnas, ahora en terceiro, pídenme que as publique. Así que, como o prometido é deuda, aqui están:

 


seguir leyendo...

ARCA DE NOÉ. CANCIÓN

escrito el 19 de febrero de 2015 por en General

Canción infantil en la que se resume la historia del Arca de Noé


etiquetas:

seguir leyendo...

A PAZ EN 6ºB

escrito el 30 de enero de 2015 por en Fotolog,General

Con motivo do dia escolar da paz e despois de reflexionar sobre que é e como se construe os alumnos e alumnas de 6ºB fixeron un cartaz que resume as súas conclusións.

Estas son as fotos do proceso:

Despois de falar do tema poñémonos mans a obra preparandoo todo

20150126_112535
20150126_112234 20150126_112306

Ainda que algúns prefiren posar que traballar…

20150126_112254

O segundo  dia xa por fin comenza a montaxe de todo o traballo. 

20150128_110936 20150128_105157 20150128_105300 20150128_110749 20150128_110830 20150128_110917

E despois de firmar…

20150128_110807

E dos derradeiros retoques…

20150128_112707

Este é o resultado final

20150128_113028

NORABOA POLO TRABALLO.


etiquetas: ,

seguir leyendo...

CONSTRUIR A PAZ

escrito el 30 de enero de 2015 por en General

20150128_111000

A paz é un dos valores máis queridos e desexados polas persoas. É

 un valor que se construe e se logra día a día, polo tanto é un compromiso.

Construimos a paz cando respetamos os demais e os tratamos con afecto, coidado, compaixón, comprensión, cooperación e solidariedade.

Construimos a paz cando rexeitamos a agresividade, a violencia, a competitividade, a inxustiza, o terrorismo e a guerra.

Construimos a paz cando sabemos razoar as cousas, dialogar, colaborar, entender o outro, recoñecer os erros e facer as paces.


etiquetas:

seguir leyendo...

COÑECE Ó PAPA FRANCISCO

escrito el 30 de enero de 2015 por en General

Neste video podedes coñecer quen é o papa Francisco:


etiquetas: ,

seguir leyendo...

A PROL DA DIGNIDADE

escrito el 30 de enero de 2015 por en General

Todo-los seres humanos, sen excepción, posuimos a mesma dignidade.

Xesús revélanos cal é a dignidade das persoas na súa maneira de tratar os demais e na súa propia persoa. Ensínanos a tratar ós demais como fillos de Deus e irmáns nosos. É o modelo que debemos seguir os cristiáns.

Nalgunhas ocasións prodúcense situacións que non respectan a dignidade, pero hai persoas que se comprometen no servizo ós mais necesitados.

En 6º B investigamos algunhas institucións que traballan dende a solidariedade en defensa dos dereitos das persoas e da xustiza.

XUSTIZA E PAZ: realizado por Eloi, Luís e Rubén.

D Justicia y paz

É unha organización fundada por Paulo VI. Os seus obxectivos son a defensa e promoción dos dereitos das persoas e dos pobos, con especial énfase na xustiza social, a paz mundial, a solidariedade e a protección do medio ambiente.

MANS UNIDAS: elaborado por Yago, Samuel e Yeray.

D Mans Unidas

Os seus obxectivos son loitar contra a fame, a pobreza e o subdesenvolvemento, especialmente nos paises mais pobres. Traballan para erradicar as causas que as producen, tales como a inxustiza, a ignorancia, os prexuizos, a insolidariedade e a repartición desigual dos bens e das oportunidades.

ENTRECULTURAS: feito por Noa, Sarai e Laura.

D entreculturas

É unha ONG xesuita que trata de promover e reivindicar o acceso á educación das poboacións máis desavorecidas como medio de cambio social e de diálogo entre culturas. Ten a convicción de que a educación é a ferramenta máis poderosa para acabar coa pobreza, promover o desenvolvemento das persoas e da sociedade, loitar contra a inxustiza e favorecer a convivencia social e o diólogo entre os pobres.


etiquetas:

seguir leyendo...

POCOYÓ, ALGO ENTRE AMIGOS

escrito el 26 de enero de 2015 por en General


etiquetas: ,

seguir leyendo...

OS BOS AMIGOS

escrito el 26 de enero de 2015 por en General

Conto infantil


etiquetas:

seguir leyendo...

QUEROTE MAIS

escrito el 22 de enero de 2015 por en General


etiquetas:

seguir leyendo...

O MANDAMENTO DO AMOR

escrito el 22 de enero de 2015 por en General

A Igrexa é a comunidade do novo pobo de Deus, ó que se pertence polo bautismo. Caracterízase pola dignidade e a liberdade dos fillos de Deus e a súa lei é o AMOR, tal como Xesús  nos ensinou.

AMÁDEVOS UNS ÓS OUTROS COMO EU VOS AMEI.


etiquetas: ,

seguir leyendo...

TRABALLO EN EQUIPO

escrito el 22 de enero de 2015 por en General

Ó longo da nosa vida temos que traballar moitas veces en equipo. Vivimos en sociedade e necesitamos contar cos outros. Por iso é importante a colaboración e a convivencia.

Neste video podemos ver unha mostra do que se consigue cando traballamos xuntos e coordinados.


etiquetas:

seguir leyendo...

SOMOS CREADORES

escrito el 22 de enero de 2015 por en General

Deus creou o mundo e regalóunolo para vivir nel, coidalo e melloralo.

Por iso a fe cristiá non se desentende dos problemas do planeta e as persoas podemos humanizar a vida. É dicir, facela máis humana e agradable, tanto a propia como a dos demais.

Os alumnos e alumnas de 6º curso deixan claro este compromiso no cartaz que fixeron.

creadores 03

creadores 01

creadores 02

Autores 6º A y 6º B:

Raquel, Javier, Brais, Daniel, Hugo, Iria, José Mª, Andrea, Rubén F., Ismael, Elena, Leticia, Irene, Sara, Yeray, Sarai, Laura, Noa, Eloy, Yago, Luís, Samuel y  Rubén V.


etiquetas: ,

seguir leyendo...

A MELLOR XOGADA

escrito el 22 de octubre de 2014 por en General

“A mellor xogada” é un corto realizado en Río de Xaneiro durante o mundial de fútbol de Brasil. O seu protagonista, Manoel, é un mozo cunha infancia difícil que, grazas ó apoio da súa avoa e do misioneiro P. Carlos, consigue escapar do mundo das bandas e a droga.

Mentras o mundo enteiro está pendente do fútbol, Manoel xógase a vida no seu propio drama.


etiquetas:

seguir leyendo...

FRÍO

escrito el 14 de octubre de 2014 por en General

 


etiquetas:

seguir leyendo...

ESE PEQUEÑO PUNTO AZUL PÁLIDO

escrito el 14 de octubre de 2014 por en General

Cando a nave Voyager deixou Neptuno, antes e abandoar a Via Láctea xirou cara á Terra e fixo a fotografía do noso planeta dende 6.ooo millóns de kilómetros de distancia. Carl Sagan a chamou “Ese pequeno punto azul pálido” e fixo o seguinte comentario:


etiquetas:

seguir leyendo...

A MULLER SAMARITANA

escrito el 6 de octubre de 2014 por en General

O seguinte relato do evanxeo de Xoán contrapón a auga que se saca dun pozo á auga viva que regala Xesús. Esta auga é a súa salvación e, grazas a ela, a vida ten sentido, que é participar para sempre da vida de Deus.

 


etiquetas: ,

seguir leyendo...

NOMES BÍBLICOS

escrito el 30 de septiembre de 2014 por en General

Repasamos a búsqueda de citas bíblicas retomando un xogo que fixemos a finais do curso pasado no que os alumnos tiñan que atopar cales eran nomes bíblicos de entre todo o alumnado de infantil e primaria do centro. Este foi o resultado:

Alejandro (Mc 15,21); Ana (1 Sam 1,2); Andrés (Mt 4,18); Anxo; Daniel (Dn 1,7) ; David (Rut 4,17) ; Enoc (Xén 5,18); Eva (Xén 4,1); Gabriel (Dn 8,16); Ismael (Xén 16,11); Isabel (Lc 1,5); Jesús (Mt 1,16); José (Xén 30,24); Juan (Mt 3,1); Julio (Feit 27,1); Jesé (1 Sam 1,20); Lidia (Feit 16,14); Lucas; María (Mt 1,18); Mateo (Lc 6,15); Marta (Lc 10,38); Miguel (Dn 10,13); Nicolás (Feit 6,5); Pablo (Feit 13,9); Pedro (Mt 4,18); Rafael (1 Cro 26,7); Raquel ( Xén 29,6); Rubén (Xén 29,32); Samuel (1 Sam 1,20); Santiago (Mt 4,21); Sara, Saray (Xén 17,15); Tamara (Xén 38,6); Xoel (1 Sam 8,2)


etiquetas:

seguir leyendo...

AMIGOS

escrito el 30 de septiembre de 2014 por en General

 

 


etiquetas:

seguir leyendo...

BENVIDOS

escrito el 15 de septiembre de 2014 por en General

benvidos

Benvidos  a este novo curso que xa comeza.

Imos empezando…

 


etiquetas:

seguir leyendo...

LANITAS EN 3 ANOS

escrito el 10 de junio de 2014 por en Fotolog

Noso amigo Lanitas cos nenos de tres anos

 


etiquetas:

seguir leyendo...

KIRIKOU

escrito el 10 de junio de 2014 por en General

Kirikou é un neno moi especial que quere saber porque a bruxa Karabá é mala. 

Kirikou é pequeno pero é valente e quere devolver o seu poboado á normalidade. Vai ver ó sabio da montaña para que lle dea respostas e descubre que a bruxa tamén é victima da crueldade dos outros. Poden cambiar as persoas malas? Debemos perdoar?

kirikou

TITULO ORIXINAL: Kirikou et la sorcière

DIRECTOR: Michel Ocelot

MÚSICA: Youssou N´Dour


etiquetas:

seguir leyendo...

CREANDO PARÁBOLAS

escrito el 10 de junio de 2014 por en Fotolog,General

As parábolas son as ensinanzas de Xesús poñendo exemplos da vida cotiá para que a xente entedera o que lles decía.

Os alumnos de 4º curso quixeron actualizalas e inventaron as súas. Aínda que non foi doado, o final acadaron resultados.

NORABOA POLO VOSO TRABALLO!

4º curso 2013

 


etiquetas: ,

seguir leyendo...

O ENCONTRO DE XESÚS CON PAULO

escrito el 10 de junio de 2014 por en General

San Pulo é un dos personaxes máis importantes da historia do cristianismo. Foi un viaxeiro incansable que fundou comunidades cristiás en diversas cidades do imperio romano. O seguinte vídeo resume o seu encontro con Xesús e a súa actividade.


etiquetas:

seguir leyendo...

SAN PAULO DE TARSO

escrito el 28 de mayo de 2014 por en General

Saulo era natural de Tarso de Cilicia e residía en Xerusalén como estudante da Lei, baixo as ensinanzas de Gamaliel.Saulo estivo presente no martirio de Estevo, era quen gardaba os mantos mentres seus compañeiros o apedraban e aprobaba a súa morte.

Entusiasta defensor das tradicións xudías, entregouse con ardor a persegui-los seguidores de Xesús.

Con cartas de recomendación do Sumo sacerdote, dirixiuse a Damasco co fin de apresar alí a cantos discípulos atopara e levalos atados a Xerusalén. De camiño, cerca xa de Damasco, aconteceu que de súpeto, unha luz do ceo o envolveu co seu fulgor. Caeu no chan e sentiu unha voz que lle decía:

– Xaúl, Xaúl, por que me persegues?

– Quen es ti, Señor?

Eu son Xesús, a quen ti persegues. Pero érguete, entra na cidade, e xa se che dirá o que tes que facer.

Os seus compañeiros de viaxe quedaron parados; sentían a voz mais non vían a ninguén. Saulo ergueuse do chan, pero maila te-los ollos abertos non vía nada. Levárono pola man ata Damasco. Alí botou tres días sen ver, sen comer e sen beber. Ata que Ananías foi visitalo e lle impuso as mans. Saulo recobrou a vista e foi bautizado.Pasou algúns días cos discípulos de Damasco e comenzou a predicar a Xesús nas sinagogas. Os discípulos de Señor coñecíanno coma perseguedor e tardaron en fiarse del. Foi Bernabé o que o levou onda os apóstolos e contoulles que vira o Señor no camiño de Damasco.

(Feit 9, 1-30)


etiquetas:

seguir leyendo...

LANITAS

escrito el 6 de mayo de 2014 por en General

Lanitas é un novo amigo que nos visita nas clases de infantil. Coñece moitas historias e nos ensina moitas cousas.

Gústanos moito cando nos visita.

Nesta presentación podemos velo cos alumnos da clase de 5 anos:

Tamén lle fixeron un retrato que lles quedou así de bonito:


seguir leyendo...

A OVELLA PERDIDA EN PRIMEIRO

escrito el 5 de mayo de 2014 por en Fotolog

Os alumnos de primeiro curso aprendimos que Deus nos quere, nos coida e nos coñece polo noso nome igual que o pastor que coida das súas ovellas. E escoitamos unha canción que nos resume a parábola con música.

13-14 1º 2

Estiveron todos ben atentos.

13-14 1º 1


etiquetas:

seguir leyendo...

XESÚS E ZAQUEO

escrito el 5 de febrero de 2014 por en General
En tempos de Xesús, os publicanos eran as persoas encargadas de recadar os impostos para os romanos. Con frecuencia cobraban máis do establecido e quedaban co diñeiro. Por iso, os publicanos estaban moi mal considerados pola xente das aldeas. Pero Xesús perdoou a Zaqueo, porque Deus perdoa sempre a todos.

 


etiquetas:

seguir leyendo...

AS CORES

escrito el 30 de enero de 2014 por en General

As cores


etiquetas:

seguir leyendo...

DIA DA PAZ

escrito el 30 de enero de 2014 por en General

30 de xaneiro Día Escolar da Non violencia e a Paz.

Os nosos corazóns latexan pola paz.

Latexos de paz

 


etiquetas:

seguir leyendo...

CARTACES A CREACIÓN

escrito el 30 de enero de 2014 por en General

Os alumnos de 6º curso aprendimos que o libro da Xénese relata de forma poética a creación do universo e dos seres que habitan nel.

Este relato non transmite coñecementos científicos, senon unha mensaxe relixiosa.

Para recordar o relato fixemos estes cartaces tan bonitos:

Creacion 6º 3

Creacion 6º 1

Creacion 6º 2


etiquetas:

seguir leyendo...

A PONTE

escrito el 29 de enero de 2014 por en General

Catro animais queren cruzar unha ponte pero non hai sitio para todos, ou si?

É mellor poñerse de acordo cos demais cando temos un problema


etiquetas:

seguir leyendo...

CONTROL DAS EMOCIÓNS

escrito el 27 de enero de 2014 por en General

No noso día a día vivimos situacións que nos poden levar a perder o control e comportarnos dun xeito pouco desexable, por iso debemos controlar as nosas emocións.

Pincha na imaxe e fíxate ben no que acontece e como podes ti resolver a situación dun xeito positivo.

Control emociones


etiquetas: , ,

seguir leyendo...

DEUS ELIXIU A DAVID

escrito el 27 de enero de 2014 por en General

Deus enviou a Samuel a Belén, á casa de Xesé, para que elixise como rei un dos seus oito fillos. Os sete maiores eran fortes e vigorosos, pero ningún agradou a Samuel, pois pensaba:

“Deus non se fixa nas aparencias, senon no corazón”

David, o fillo pequeno de Xesé, estaba coidando as ovellas e foron buscalo; ao velo, Samuel elixiuno para substituir o rei Saúl cando chegase o momento.


etiquetas:

seguir leyendo...

FILLOS DE DEUS

escrito el 26 de enero de 2014 por en General

Deus puxo nas nosas mans a tarefa de vivir e poder elixir como vivir e que facer. Xesús é o exemplo que nos axuda cada día nesa tarefa. E como o facemos? En que consiste vivir como fillos de Deus?

Os alumnos de 4º o teñen moi claro e fixeron un cartaz para amosalo. Para vivir como fillos de Deus temos que:

axudar, acoller, protexer, abrazar, acariciar, amar, bicar, consolar, coidar, regalar, perdoar, querer, colaborar, compartir, ensinar, dar, agradecer, acompañar, escoitar, curar, aconsellar

Fillos de Deus

 


etiquetas:

seguir leyendo...

DEBUXOS DA CREACION

escrito el 26 de enero de 2014 por en General

Deus regalounos o mundo ás persoas para que vivamos felices e o coidemos.

Os alumnos e alumnas de terceiro curso fixeron uns debuxos moi bonitos do regalo de Deus

O regalo de Deus 3A O regalo de Deus 3B


etiquetas: ,

seguir leyendo...

TODOLOS SANTOS DE 6º

escrito el 2 de diciembre de 2013 por en General

Os alumnos de 6º curso fixeron, a partires do seu nome, un traballo de investigación para saber o seu significado e orixe así como algo da vida do seu santo patrono.

Vemos o seu traballo nesta presentación:

E este foi o resultado final e que podemos ver no corredor do segundo andar:

BO TRABALLO


etiquetas:

seguir leyendo...

XOGO DE MEMORIA

escrito el 13 de octubre de 2013 por en General

Parellas de santos. Dalle a volta ás cartas para emparellalas e ler a biografía dos santos.

Sorte.

Pincha na imaxe para xogar:

Xogo santos

 


etiquetas: ,

seguir leyendo...

A RELIXIÓN

escrito el 11 de octubre de 2013 por en General

A relixión é un feito universal. Está presente ó noso arredor e nos sentimentos das persoas. Consiste na relación do ser humano con Deus.

Esta relación maniféstase de distintos xeitos e por iso hai diferentes relixións. Imos aprender un pouco máis de cada unha e cubrir a ficha que temos cos datos que atoparemos neste enlace:

(Pincha no dibuxo para facelo)

reli


etiquetas:

seguir leyendo...

SAMUEL, SAMUEL!

escrito el 8 de octubre de 2013 por en General

Historia bíblica de Samuel para os máis pequenos.

Samuel – spanish_english subs from L. R. on Vimeo.


etiquetas:

seguir leyendo...

SEGUIMOS O EXEMPLO…

escrito el 8 de octubre de 2013 por en General

Pregunta (2)

O ser humano faise preguntas e busca respostas, pero non sempre atopamos unha explicación. Algunhas de estas preguntas nacen do máis profundo de nós e afectan o modo de ver a vida e de entender o mundo. A estas preguntas chamámoslle fundamentais.

pregunta

Por exemplo: cal é o sentido da vida? Para as relixións a vida é un misterio e o seu sentido está en Deus. Para un cristián, ademais, quen da sentido a vida é Xesús, e polo tanto o camiño para vivir con sentido é seguir a Xesús amando a Deus e o próximo.

Ao longo da historia houbo moitos cristiáns que destacaron polo seu seguimento de Xesús. Imos investigar un pouco e buscar a información que precisamos para facer o noso traballo do trimestre nos seguintes enlaces:


etiquetas:

seguir leyendo...

XA ESTAMOS EN MARCHA

escrito el 30 de septiembre de 2013 por en General

Xa arrancamos motores e…

xa estamos en marcha!!!!

Fixemos as portadas para os nosos cadernos e libretas e xa comezamos a traballar cos novos libros deste curso.

Aqui vemos algúns dos traballos dos alumnos de primeiro curso.

Foto-0078 Foto-0077 Foto-0076 Foto-0073 Foto-0071 Foto-0070 Foto-0080


etiquetas:

seguir leyendo...

CON VOZ SUAVE…

escrito el 15 de septiembre de 2013 por en General

Xa comezou o curso e esta semana fixemos unha dinámica con Gritón Chillón,

un neno desagradable

que nunca ten unha palabra amable.

Gritón Chillón aturde a todos con seus berros e nós fixemos un propósito para que non nos pase o mesmo:

CON VOZ SUAVE HAI QUE FALAR

SI AOS DEMAIS QUERES AGRADAR

Gritón Chillón

Os que mellor o fixeron foron os alumnos de 4º da clase de Gerardo, así que para todos eles…

Yadira, Zaira, Christian, Yolanda, Laura, Lucía G., Luís, Lucía L., Daniela, Gonzalo, Rubén, Tania, Alba, Raquel, Iago, Gabriel, Vanesa, Sara y Alejandro.

NORABOA

seguide traballando así.


etiquetas:

seguir leyendo...

BENVIDOS Ó COLE

escrito el 11 de septiembre de 2013 por en General

Xa estamos aquí outro ano máis.

Despois do verán vimos todos con novos folgos

Preparados…? Listos…?

En breve comenzamos…

Para todos… BENVIDOS Ó COLE!

Benvidos cole

 


etiquetas:

seguir leyendo...

A DESCANSAR!

escrito el 20 de junio de 2013 por en General

Xa se acaban as clases e chega o tempo de descansar.

Espero que disfrutedes do verano coa vosa familia e vos divertades. Mentres déixovos este vídeo de Pocoyo bailando a canción do cabalo, espero que vos guste

Vémonos en setembro

BOAS VACACIÓNS


etiquetas:

seguir leyendo...

BUSCANDO A ZAQUEO

escrito el 19 de junio de 2013 por en Fotolog

Os alumnos de 4 anos buscando a Zaqueo.

Onde estará?

Foto-0043

 


etiquetas: ,

seguir leyendo...

BOAVISTA COA SÚA ARCA

escrito el 19 de junio de 2013 por en Fotolog

Os alumnos da escola de  Boavista nos presentan a manualidade que fixeron da Arca de Noé.

Foto-0047

Foto-0046

 

Quedoulles ben bonita


etiquetas: ,

seguir leyendo...

OS CRISTIÁNS IMOS Á IGREXA

escrito el 2 de junio de 2013 por en General

Os alumnos de infantil estivemos traballando o tema da igrexa. Observamos como é por dentro e cales  eran os seus elementos e aprendimos novo vocabulario

Pinchando na foto podedes ver ós alumnos de 5 anos traballando

infantil-5 09

Despois de esto fixemos un dibuxo para representalo. Queredes velos? Pincha nos enlaces:

 alumnos de 5 anos

alumnos de Boavista

A que o fixeron moi ben?


etiquetas: ,

seguir leyendo...

4º NA AULA DE INFORMÁTICA

escrito el 13 de mayo de 2013 por en Fotolog,General

Os mércores e os xoves os alumnos de 4º curso imos á aula de informática para realizar actividades cos ordenadores.

Nas fotos vemos a algúns alumnos de 4ºA

 

 

 


etiquetas:

seguir leyendo...

MANUALIDADE ARCA DE NOÉ

escrito el 10 de mayo de 2013 por en General

“En el Arca de Noé caben todos, tú también…”

Coñecedes esta canción? E sabedes que pasou na Arca?

Os alumnos de 1º sábenno moi ben. E para recordala fixeron esta sinxela manualidade que levaron para casa e así poderlla contar ós seus.

 

 

Quedoulles así de bonito:

Gustouvos? Na foto vemos algúns dos creadores


etiquetas:

seguir leyendo...

VOUVOS CONTAR UNHA HISTORIA

escrito el 9 de mayo de 2013 por en General,Vídeo blog

Vouvos contar unha historia…

Un home iba de Xerusalén a Xericó…

Esta parábola contada por Xesús ensínanos que temos que axudar a todos e ser solidarios. Para non esquecelo os alumnos de fixeron un libro ilustrado.

Este foi o resultado final:

Queredes saber quen o fixo?

Pois pincha na imaxe e verás ás artistas de 2ºB

 


etiquetas: ,

seguir leyendo...

POLO CAMIÑO DO AMOR

escrito el 26 de abril de 2013 por en General
O ser humano buscou sempre a felicidade por diferentes camiños.
As benaventuranzas representan a síntese da mensaxe de Xesús. As palabras de Xesús nesta mensaxe causaron unha profunda impresión en moitas persoas non cristiás. Por exemplo, Gandhi quedou fascinado pola elevación espiritual que encontrou nas benaventuranzas. o sermon do monte
Nas benaventuranzas, Xesús sinala un camiño novo que leva á felicidade. Xesús recoñoce a dignidade das persoas e declara ditosos ós grupos humanos excluídos, considerado de ordinario malditos e desgraciados pola sociedade. Iso era algo totalmente novo e verdadeiramente liberador para a xente marxinada.
As benaventuranzas propoñen unha serie de valores que levan á autentica felicidade: misericordia, sensibilidade, pobreza, desprendemento, limpeza de corazón, humildade, traballo pola paz, loita pola xustiza.
Xesús dirixe o sermón das benaventuranzas non só os seus discípulos, senón á multitude, que se amorea para escoitalo.
As benaventuranzas expresan o estilo de vida que Xesús propón para seguir o camiño do amor e ser felices. Neste camiño, Xesús de Nazaret móstrase como modelo e exemplo que hai que seguir.
sermon-do-monte
Traballo:
Imos a actualizar as benaventuranzas. Que significado poden ter hoxe as palabras de Xesús?
Investiga primeiro nos seguintes enlaces. E logo completa os datos da túa táboa coa información atopada.

As benaventuranzas

As benaventuranzas para o home de hoxe

Actualización das benaventuranzas

 


etiquetas:

seguir leyendo...

AMAR A TODOS SEN EXCEPCIÓN

escrito el 19 de abril de 2013 por en General
A mensaxe de Xesús resúmese no amor a Deus e ao próximo.
Xesús ensínanos que o próximo é todo ser humano e que temos que tratalo como a un irmán que espera a nosa compaixón, axuda e atención.
A mensaxe do amor non admite excepcións.


etiquetas:

seguir leyendo...

XESÚS E ZAQUEO

escrito el 11 de abril de 2013 por en General

En tempos de Xesús, os publicanos eran as persoas encargadas de recadar os impostos para os romanos. Con frecuencia cobraban máis do establecido e quedaban con parte dos cartos. Por iso, os publicanos estaban moi mal considerados polas xentes das aldeas. Pero Xesús perdoou a Zaqueo

Responde no teu caderno:

  1. A que se debía a mala fama de Zaqueo?
  2. Por que a xente criticou a Xesús cando foi á casa de Zaqueo?
  3. Que levou a Zaqueo a compartir as súas riquezas?

etiquetas:

seguir leyendo...

UNA ASIGNATURA APASIONANTE

escrito el 6 de abril de 2013 por en General
Unha asignatura que vale para a vida.

Depende de  vos estar  toda a vida colgados dunha ponla vendo pasar o tempo ou lanzarvos da árbore y ser útiles á sociedade.

O que determina o futuro dun país no son as persoas, senon onde poñen o corazón esas persoas.

etiquetas:

seguir leyendo...

O BO SAMARITANO

escrito el 5 de abril de 2013 por en General

A mensaxe de Xesús resúmese no amor a Deus e ó próximo. Para Xesús todos os seres humanos somos, por igual, imaxe e semellanza de Deus e, ademáis, fillos seus e irmáns uns dos outros.

Por eso ningunha persoa debe sernos indiferente. Xesús nolo expresa nesta parábola:

Despois de ve lo video contesta as seguintes preguntas:

  1. Que pregunta lle fan a Xesús e que responde?
  2. Cal é o significado da parábola que conta Xesús?
  3. Cres que os que estaban con Xesús entenderon a parábola? Por que?
  4. Segundo a parábola que contou Xesús, quen é o teu próximo? Es ti tamén próximo de alguén?

etiquetas:

seguir leyendo...

MANEIRAS DE EXPRESAR O AMOR

escrito el 5 de abril de 2013 por en General

A mensaxe cristía amósanos un estilo de vida que consiste en seguir a Xesús amando a Deus e ó próximo.

A nosa vida é froito do amor. Se Deus é amor, as persoas tamén, xa que somos imaxe e semellanza súa. Por tando, a capacidade de amar e de ser amados é característica fundamental que nos define como persoas. Todo o que naza do amor será coherente coa nosa condición humana.

De que maneira se pode espresar o amor?

O amor exprésase no servizo, no diálogo, na tolerancia, na reconciliación e na solidaridade.

Busca e le na Bíblia as seguintes citas e descifra nela de que maneiras se expresa o amor:

Mt5, 23-24 ; Mt 5, 39-41 ; Mt 5, 44-45 ; Mt 9, 35 ; Mt 25, 35-36


seguir leyendo...

SEMANA SANTA E PASCUA

escrito el 5 de abril de 2013 por en General

A Semana Santa non soamentes son uns dias de vacacións. Durante este tempo os cristiáns celebramos a paixón e a morte de Xesús e preparámonos para celebrar a súa resurrección.

A Semana Santa comenzou o Domingo de Ramos. Este día recordamos que as xentes de Xerusalén saíron ás rúas para recibir a Xesús con ramos e palmas.

Cando remata a Semana Santa comenzan as festas de Pascua, durante as que celebramos a resurrección de Xesús e que comenzan co Domingo de Pascua ou Domingo de Resurrección.

A palabra Pascua significa paso. Celebramos que Xesús pasou da morte á vida, resucitou.

Comenzamos a celebrar a Pascua a noite do Sábado Santo na Vixilia Pascual na que se bendice o lume e se prende nel o cirio pascual, símbolo de Xesús resucitado.

Traballos feitos polas alumnas de 2º B


etiquetas: , ,

seguir leyendo...

SAN XOSÉ, PAI DE XESÚS

escrito el 18 de marzo de 2013 por en General

San Xosé é o pai adoptivo de Xesús e o esposo da Virxe María.

Os evanxeos de Mateo e Lucas son os que falan algo de Xosé. E pos iso sabemos que é fillo de Xacobe e naceu en Belén aínda que vivía en Nazaret.

San Xosé é coñecido como o santo do silencio. Sabedes por que? Porque nos evanxeos non temos ningunha frase que dixera. Non hai palabras súas. Só coñecemos as súas obras e o ben que coidou de Xesús, como si fose seu verdadeiro pai.

Neste video podemos coñecelo un pouco mais.


etiquetas:

seguir leyendo...

MISA DE NIÑOS. CARDENAL BERGOGLIO

escrito el 17 de marzo de 2013 por en General

coñecedes xa o novo papa? Chámase Francisco e é arxentino. Antes de ser papa era cardenal de Bos Aires e chamábase Jorge Bergoglio.

Podedes oír como lles falaba ós nenos da súa diócese neste video. A partires do minuto 2:15

Xesús cambiounos o corazón e deunos o poder de contaxiar o gran milagre.

Facer sorrír ó que está triste, acompañar ó avoíño que está só, dar de comer a quen ten fame… son os milagres de cada día.

Todo milagre supón un acto de amor.

Nos temos o poder, con Xesús, de cambiar o corazón dos demáis de contaxiar ese gran milagre que empezou a facer Xesús na terra, que foi cambirnos o corazón.


etiquetas:

seguir leyendo...

MOISÉS E OS MANDAMENTOS

escrito el 14 de marzo de 2013 por en General

Actividade da Biblia para os alumnos de 4º curso. Lembrade que tedes que ir ó Antigo Testamento

Primeiro facemos o exercicio de completar. Realizamos só o terceiro cuestionario “Os dez mandamentos” e completamos o texto: “Despois de saír de …, chegaron os israelitas ó deserto e acamparon fronte ao monte …. Entón, Moisés subiu só a aquel monte e …” Podedes comprobar as respostas a medida que realizades a actividade.

En segundo lugar facemos a sopa de letras  (en categoría escollemos  “Moisés”)

E xa para rematar podedes facer o crebacabezas de Moisés.

ÁNIMO, SEGURO QUE VOS SAE TODO MOI BEN


etiquetas: ,

seguir leyendo...

PARÁBOLA DO PAI BO

escrito el 10 de marzo de 2013 por en General


etiquetas:

seguir leyendo...

A VIRXE DO PEIXE

escrito el 4 de marzo de 2013 por en General

Título: A Virxe do peixe

Autor: Rafael Sanzio

María e Xesús aparecen sentados nun trono nunha posición máis elevada que o resto dos personaxes.

O pé descalzo de María representa a humildade e a sinxeleza da súa persoa. As cores da súa vestimenta son o azul, que representa o ceo, e o branco, que representa a pureza.

O arcanxo Rafael e Tobías están axeonllados diante de María e de Xesús, símbolo de adoración. Están contando a Xesús e María o feito milagroso da curación da cegueira ó pai de Tobías utilizando un peixe. Xesús e María escoitan atentamente.

San Xerome aparece coa Biblia e o león. Que fai aquí un león? Segundo a lenda Xerome quitoulle unha espiña da pata e este converteuse no seu compañeiro inseparable. A cor vermella do seu manto representa que Xerome era unha persoa importante dentro da Igrexa.


etiquetas:

seguir leyendo...

TESTEMUÑAS DE XESÚS

escrito el 3 de marzo de 2013 por en General

Xesús ensínanos a acoller, respectar, amar e ser solidarios con todas as persoas.

Os cristiáns temos o compromiso de defender a dignidade das persoas e mellorar a convivencia mediante os valores que Xesús viviu e nos ensina no evanxeo.

Para coñecer algúns deses exemplos de solidariedade investigamos na internet a biografía de persoas que fixeron algo en prol dos demais, mellorando a súa dignidade e a da humanidade.

O resultado foi este mural:

NORABOA POR TAN BO TRABALLO


etiquetas:

seguir leyendo...

MEDRAMOS…

escrito el 3 de marzo de 2013 por en General

Os alumnos de aprendimos como foi a infancia de Xesús. Soupemos que vivíu en Nazaret con seus pais e que “co paso dos anos, e a medida que se ía facendo maior, Xesúa medraba en estatura, en sabedoría e en graza ante Deus e ante os homes” (Lc 2, 52)

Nós tamén medramos en estatura, en sabedoría e en amor ós demais, e para demostralo fixemos este mural que quedou ben bonito. A que sí?

E como é que medramos en amor ós demais? Pois cando facemos o que puxemos na lista:

axudar, compartir, perdoar, colaborar, querer, coidar, regalar, consolar, ensinar, amar, bicar, acoller, protexer, abrazar, acariciar, e cando nos facemos amigos.


etiquetas:

seguir leyendo...

OS EVANXELISTAS EN 4º CURSO

escrito el 26 de febrero de 2013 por en General,Vídeo blog

Os alumnos de 4º curso fixeron un estupendo traballo de investigación para coñecer mellor quen son os evanxelistas e se iniciaron no manexo da Biblia.

Na seguinte presentación podemos ver como foi o proceso.

NORABOA A TODOS POLO VOSO TRABALLO


etiquetas: ,

seguir leyendo...

AGRADECEMOS O AMOR DE DEUS

escrito el 9 de febrero de 2013 por en General

Xesús ensinou que Deus coida de todo e de todos. Por eso os cristiáns dámoslle grazas a Deus polo seu cariño e coidado.

Como o facemos? Recoñecendo o coidade de Deus nas pequenas cousas de cada día, coidando o mundo e a todos os que viven nel e amando aos demais como Xesús nos ensinou.

Os alumnos de (A e B) decátanse disto e fixeron un mural con debuxos e con frases para agradecerlle a Deus todo o seu amor e coidado.

Esto foi o que escribimos:

GRACIAS PAI DEUS

polo sol e a lúa

polo sol que nos ilumina

polo sol que nos quenta

pola lúa que nos ilumina a noite

pola lúa e a noite para descansar

polos árbores que nos dan aire

polos árbores que nos dan madeira

polos animais que nos acompañan

polos animais que nos dan alimento

polo lume que nos quenta

polo lume para cociñar

pola chuvia e a auga

pola choiva que enche os pozos

pola choiva que rega as plantas

polas persoas que nos queren

polas persoas que nos axudan

polas persoas que nos coidan

polo arco da vella

polas paisaxes

polo mundo

gracias pai Deus por todo o que nos das

E este foi o resultado final:


etiquetas:

seguir leyendo...

A IGREXA. ACTIVIDADES DE REPASO

escrito el 17 de enero de 2013 por en General

A Igrexa é o novo pobo de Deus á que pertencemos todos os bautizados.

Para repasar o tema fai as seguintes actividades:

Actividade 1: completa e recorda

Actividade 2: a Igrexa, o novo pobo de Deus


etiquetas:

seguir leyendo...

OS CATRO EVANXELISTAS

escrito el 16 de enero de 2013 por en General

MATEO:

Mateo era recadador de impostos. Os recadadores estaban mal vistos polo pobo, xa que eran considerados ladróns. Non obstante, Xesús fixouse nel para que formase parte dos “doce apóstolos”.

MARCOS:

Foi moi amigo de San Pedro e mesmo facía de secretario seu. De Pedro e doutros apóstolos recolleu os datos para escribir o seu evanxeo, que é o primeiro que se escribiu. Nel dá a coñecer a Xesús ós pagáns que se converteran ó cristianismo.

LUCAS:

Naceu en Antioquía de Siria. Era médico e converteuse ó cristianismo. Non coñeceu a Xesús persoalmente, pero si ós apóstolos, e se cadra tamén a María. Foi moi amigo de San Paulo e compañeiro seu nalgunhas das súas viaxes. O seu evanxeo é claro e directo, e é no que máis cosas se contan da infancia de Xesús. Tamén escribiu o libro dos Feitos dos apóstolos sobre a vida dos primeiros cristiáns.

XOÁN:

Xoán era irmán de Santiago, e ambos os dous eran pescadores, coma o seu pai, Zebedeo. Xoán era o máis novo dos doce apóstolos e tamén o preferido de Xesús. Xesús dende a cruz pedíulle que coidase de María coma se fose a súa nai, e así o fixo. Xoán escribiu o cuarto evanxeo, onde fala do amor de Xesús cara os homes e de como debemos amarnos uns a outros. Tamén se lle atribúen tres cartas do Novo Testamento.

Máis información neste enlace


etiquetas:

seguir leyendo...

TANTO, TANTO, TANTO

escrito el 14 de noviembre de 2012 por en General
Pensaches algunha vez cantas cousas boas te da Deus cada día? Esta canción da gracias a Deus por todo o que nos da.

GRACIAS DEUS POR TODALAS TUAS BENDICIONS

etiquetas:

seguir leyendo...

O PASTOR E A OVELLA

escrito el 16 de octubre de 2012 por en General

As persoas confiamos unhas noutras. Confiamos nas persoas que nos queren porque buscan o mellor para nós. Eles queren que sexamos felices e que sexamos mellores persoas.

Xesús ensinounos a confiar en Deus, porque nos quere e sabe que necesitamos. Sempre nos acompaña. Deus coidanos como o pastor coida das súas ovellas.

Había un pastor que tiña cen ovellas…


etiquetas:

seguir leyendo...

O REGALO DE DEUS

escrito el 9 de octubre de 2012 por en General

Mirade neste video que bonito é o regalo que Deus nos fixo.

Gracias Deus por regalarnos o mundo!



etiquetas:

seguir leyendo...

UNHA CADEIRA POLA EDUCACIÓN

escrito el 8 de octubre de 2012 por en General

A educación é un dereito de todos os nenos do mundo. Sin embargo, 61 millóns de nenos non poden ir á escola.

Para ter presente a estes nenos e concienciarnos da importancia da educación como instrumento para reducir a pobreza e a desigualdade puxemos nas nosas aulas unha cadeira vermella: como símbolo de todos os nenos e nenas que non poden ir á escola.

Estas son as nosos cadeiras:


seguir leyendo...

A CADEIRA VERMELLA

escrito el 27 de septiembre de 2012 por en General

Setembro é o mes de inicio de curso, de volver atopar ós compañeiros e profesores. Pero no mundo aínda hai 61 millóns de nenos que este ano non irán ó colexio.

Estes nenos vense privados do dereito á educación, e sin educación non hai progreso.

A educación é unha inversión de futuro que permite a nenos, mozos e persoas máis vulnerables saír da pobreza ter máis oportunidades e acceder a outros dereitos.

Por eso imos poñer nas nosas aulas unha cadeira vermella, para ter presente a estes nenos que non poden ir á escola. Poñemos unha cadeira vernella porque ESTE CURSO SOMOS UN MÁIS.

Máis información neste enlace


etiquetas:

seguir leyendo...

TE VOY A ESPERAR

escrito el 16 de septiembre de 2012 por en General

Para todos os que a semana pasada dixechedes que os gustaba Juan Magán aquí vos deixo este video. Para que empecemos o curso animados


etiquetas:

seguir leyendo...

ESTAMOS DE VOLTA!

escrito el 10 de septiembre de 2012 por en General

Meus queridos nenos:

en breve comenzaredes un novo curso cheo de esperanzas. Non esquezades meter nas vosas mochilas…

  1. unha chea de sorrisos para compartir, e…
  2. unha goma para borrar os momentos de mal humor.

Esperovos a todos o mércores


seguir leyendo...

BOAS VACACIÓNS

escrito el 21 de junio de 2012 por en General

Queridos nenos:

comenzades xa as vacacións e espero que disfrutedes de un merecido descanso despois de traballo realizado.

Desexo que pasedes un verano divertido.

Para os que os gusta a música déixovos este video moi refrescante. Espero que vos guste.


etiquetas:

seguir leyendo...

ES EL AMOR LA SEÑAL

escrito el 17 de junio de 2012 por en General

La Señal (Juanes)


etiquetas:

seguir leyendo...

CAMPAÑA SOLIDARIA SOMOS

escrito el 4 de junio de 2012 por en General
En España existen máis de 3 millóns de persoas que colaboran regularmente cunha ONG.  Representan somentes o 8% da poboación, pero a súa aportación é importante para que milleiros de persoas poidan recibir atención.
SOMOS é unha iniciativa que agrupa un gran número de ONGs coa finalidade de fomentar a solidariedade na sociedade na que vivimos, e para recoñecer o que todos os colaboradores das ONG fan cada día.
SOMOS é unha homenaxe ó colaborador actual, e unha invitación a novas persoas para que se sumen ó soño de cambiar o mundo.
8 de xuño é o día elexido para agradecer toda a implicación e o apoio que reciben as ONG por parte dos seus socios e colaboradores. Pero este día tamén quere convertirse nun movemento solidario masivo ¿cómo?
Sal á rúa con algo do revés. Demostremos entre todos que podemos darlle a volta ás cousas e vivir nun mundo mellor

Máis información clicando na imaxe:


seguir leyendo...

PRETTY WOMAN

escrito el 31 de mayo de 2012 por en General

31 de maio VISITACIÓN DA VIRXE MARÍA

Ela sí é  CHICA GUAPA

Chica guapa

párate, espera un poco.

Chica guapa, dime algo.

Chica guapa, sonríeme.

Chica guapa, sí, sí, sí.

Chica guapa, mírame.

Chica guapa, di que

te quedarás conmigo

porque te necesito.


etiquetas:

seguir leyendo...

AMAR Ó PRÓXIMO

escrito el 28 de mayo de 2012 por en General

TRABALLO PARA 6º CURSO

Unha persoa solidaria non só pensa en sí mesma; pensa nos demais, preocúpase por eles e, na medida do posible, bótalles unha man.

A solidariedade é dar, compartir, acompañar, apoiar, animar, axudar. Isto quere decir poñerse no lugar do outro para saber o que necesita e é xusto.

A solidariedade ven esixida pola xustiza e pola dignidade de todas as persoas.

Xesús ensínanos que o próximo é todo ser humano e que temos que tratalo como un irmán que espera a nosa compaixón, axuda e atención.

Ser solidario é AMAR Ó PRÓXIMO

Moitas persoas comprométense de maneira gratuita no servizo ós demais.  A través de institucións permanecen ó lado dos que sofren. Algunhas das asociacións solidarias son:

Escolle unha das asociacións anteriores e fai un traballo onde respostarás as seguintes preguntas:

  1. Que é?
  2. Cal é a súa finalidade?
  3. Quen a forman?
  4. Que fai?



seguir leyendo...

UN DÍA INOLVIDABLE

escrito el 27 de mayo de 2012 por en General

O día de Pentecoste os apóstolos recibiron o Espírito Santo, que os encheu de forza e valor. Dende ese momento xa non tiñan medo e  falaban a todas as xentes de Xesús.

Clica na imaxe para facer as actividades


etiquetas:

seguir leyendo...

A VINDA DO ESPÍRITO SANTO

escrito el 25 de mayo de 2012 por en General

Despois de subir ó ceo, Xesús envióulles ós seus amigos o Espírito Santo. Esto celebrámolo o día de Pentecoste.

Neste video podedes ver como foi ese día e como vivían os primeiros cristiáns.


etiquetas:

seguir leyendo...

ACTIVIDADES VIRXE MARÍA

escrito el 15 de mayo de 2012 por en General

Clica na imaxe para facer as actividades e coñecer un pouco máis á Virxe María


etiquetas:

seguir leyendo...

ADVOCACIÓNS DE MARÍA

escrito el 10 de mayo de 2012 por en General

Mamá, mami, mamita, nai, naiciña… son distintos xeitos de chamar a mamá. Pero a nai é soamentes unha; verdade? Do mesmo xeito a Virxe María e soamentes unha: a nai de Xesús. Pero os cristiáns coñecémola por diferentes nomes. Estes xeitos de chamar a María denomínase ADVOCACIÓNS.

Hai diferentes advocacións de María:

  • Advocacións que nos recordan algúns momentos da súa vida: Natividade, Anunciación, Visitación…
  • Advocacións sobre a fe dos cristiáns en María: Nai de Deus, Inmaculada Concepción, Asunción…
  • Advocacións que nos recordan as axudas que recibimos dela: Amparo, Auxiliadora, Perpetuo Socorro, Esperanza…
  • Advocacións que se refiren ó nome do lugar onde se venera: Fátima, Lourdes, Montserrat, Covadonga, Carmen (do Monte Carmelo)…
  • Advocacións que se refiren ó sitio onde apareceu: Pilar, Barca, Cova, Mar, Camiño…

Tendo esto en conta ides facer un pequeno traballo de investigación: tendes que indagar na vosa parroquia que imaxe hai da Virxe e cubrir unha ficha onde figure:

  1. o nome da parroquia onde está
  2. nome da Virxe e tipo de advocación que é
  3. que día se lle fai festa
  4. en que lugar do templo está situada
  5. finalmente, quedades un rato con ela e escribides un pequeno comentario sobre que impresión vos dou, que vos chamou a atención… e calquera cousa que queirades contar…

Recordade que lle podedes pedir axuda ó cura para que vos sinale onde está a Virxe e seguro que vos pode contar algunha cousa interesante para completar o voso traballo. Sorte a todos/as.

Xa para rematar, podedes imprimir e colorar algunhas imaxes de María neste enlace


etiquetas:

seguir leyendo...

CANCIÓN MARÍA,MARÍA

escrito el 8 de mayo de 2012 por en General

Escoitamos e aprendemos a canción María, María.

Respondemos o seguinte cuestionario:

  1. A canción comenza comparando a vida cunha voda triste. A que voda cres que fai referencia? Compróbao en Xn 2, 1-11
  2. Por que esa voda é triste? Como podemos facer nós para que sexa alegre?
  3. Quen fai que todo se converta en festa?
  4. A quen temos que dar vida e amor? Como podemos facelo? Pon exemplos.
  5. Acordámonos de María e Xesús soamentes nos momentos tristes? Cando te acordas ti de María? E de Xesús?

etiquetas:

seguir leyendo...

O MELLOR TRABALLO DO MUNDO

escrito el 29 de abril de 2012 por en General

Este video é unha homenaxe ás nais, que sempre están ahí animando e axudando. Sen elas non seríamos o que somos. Con moito amor:


seguir leyendo...

A ELECCIÓN DOS APÓSTOLOS

escrito el 17 de abril de 2012 por en General

A Igrexa é como unha gran familia formada por todos os bautizados e dirixida polo Papa o os bispos.
Xesús fundou a Igrexa cando formou o grupo dos doce apóstolos e estes recibiron o Espírito Santo.

A vida dos primeiros cristiáns está contada no libro dos Feitos dos apóstolos.


etiquetas: ,

seguir leyendo...

O FARISEO E O PUBLICANO

escrito el 17 de abril de 2012 por en General

A oración é un modo de relacionarnos con Deus.

Os Evanxeos  fálanos de que Xesús oraba con frecuencia, tanto en público como en privado. E ensinoulles ós seus discípulos a facer o mesmo. Pero como facelo? Na parábola do fariseo e o publicano (Lc 18, 9-14) contrapón dúas actitudes.

QUEN DOS DOUS SAÍU DO TEMPLO RECONCILIADO CON DEUS?


etiquetas:

seguir leyendo...

XESÚS E TOMÁS

escrito el 11 de abril de 2012 por en General

Xesús resucitado aparécese ós apóstolos, pero Tomás non cre sen ver.

Podes ler o relato completo en Xn 20, 19-31


etiquetas: , ,

seguir leyendo...

TRABALLO SEMANA SANTA

escrito el 11 de abril de 2012 por en General

Aquí están as fotos do mural que fixeron os alumnos de 2º ciclo sobre a Semana Santa e Pascua.

Comenzouno 3º A e colaboraron tamén os compañeiros de 4º curso.

NORABOA A TODOS POR TAN BO TRABALLO.


etiquetas: ,

seguir leyendo...

LA HISTORIA DE LA SEMANA SANTA

escrito el 27 de marzo de 2012 por en General

Clica na imaxe para ver como foi a última semana de Xesús na terra.


etiquetas:

seguir leyendo...

JCLIC SEMANA SANTA

escrito el 27 de marzo de 2012 por en General


etiquetas:

seguir leyendo...

BENAVENTURANZAS

escrito el 26 de marzo de 2012 por en General


etiquetas: ,

seguir leyendo...

LAPBOOK MANDAMENTOS

escrito el 26 de marzo de 2012 por en General,Vídeo blog

Lapbook sobre os mandamentos que fixeron os de cuarto curso:

Para saber o que é un lapbook podes premer aquí.


etiquetas: ,

seguir leyendo...

FESTAS CRISTIÁS

escrito el 21 de marzo de 2012 por en General

TRABALLO PARA 6º CURSO

Buscamos a información para completar o cadro que xa tendes e realizar o traballo nos seguintes enlaces:

Festas cristiás

Ano litúrxico


seguir leyendo...

O PAÍS DE XESÚS (2)

escrito el 19 de marzo de 2012 por en General,Vídeo blog

Nesta presentación podemos ver como os alumnos de 3ºA fixeron o mural de “O país de Xesús” así como un pequeno libriño coa Breve historia de Xesús que sirveu de apoio ó traballo.


seguir leyendo...

O PAÍS DE XESÚS

escrito el 19 de marzo de 2012 por en Fotolog,General

Os alumnos de 3º curso fixeron un mural para coñecer un poco máis como era o país de Xesús. Onde aconteceron os feitos que se contan nos evanxeos, pero tamén que animais e plantas había en tempos de Xesús, así como os oficios que tiñan as xentes de aquel tempo.

Este foi o proceso:

E este foi o resultado final:

E estos son os artistas. NORABOA A TODOS! FIXERON UN BO TRABALLO.


seguir leyendo...

IMOS XUNTOS A BELÉN

escrito el 16 de febrero de 2012 por en General,Vídeo blog

Os alumnos de 4º traballamos por equipos para facer un xogo de Nadal. Serviunos para traballar de xeito cooperativo e para repasar algúns aspectos da vida de Xesús. Xa o temos rematado desde decembro e o deixamos na aula para poder xogar con él en calquera momento e pasar un rato ameno cós compañeiros/as.


seguir leyendo...

MOISÉS

escrito el 8 de febrero de 2012 por en General

Completa o cuestionario sobre Moisés lendo a súa historia clicando na imaxe.


etiquetas:

seguir leyendo...

A ÁRBORE DOS DESEXOS

escrito el 30 de enero de 2012 por en General

Esta mañán os alumnos de infantil e primaria fomos á Casa da Cultura, onde nos esperaba a concelleira de cultura,  a colgar follas cos nosos desexos de paz para todos. E quedou así de bonito


etiquetas:

seguir leyendo...

O MURO DA PAZ

escrito el 30 de enero de 2012 por en General

Este muro de palabras que construen a PAZ realizado entre todo o alumnado de primaria coa colaboración dos seus titores quedou ben bonito. Noraboa a todos/as.

AGORA SÓ NOS QUEDA FACELAS REALIDADE.

 


etiquetas:

seguir leyendo...

MOISES E OS MANDAMENTOS

escrito el 24 de enero de 2012 por en General

Clica na imaxe e fai as actividades


etiquetas:

seguir leyendo...

COLORA A KIRIKÚ

escrito el 23 de enero de 2012 por en General

Clica na imaxe e colora a Kirikú e a bruxa Karabá on line


etiquetas:

seguir leyendo...

KIRIKU E A BRUXA

escrito el 23 de enero de 2012 por en General

Verdade que unha persoa mala pode cambiar?

Verdade que podemos perdoar?

KIRIKU E A BRUXA

TÍTULO ORIXINAL: Kirikou et la sorcière

DIRECIÓN: Michel Ocelot

MÚSICA: Youssou N´Dour

Francia, 1998


etiquetas:

seguir leyendo...

TRABALLO OS EVANXELISTAS

escrito el 23 de enero de 2012 por en General

Con algún retraso pero aquí están xa os traballos sobre os evanxelistas que fixeron os alumnos e alumnas de 4º. Nótase que fiséchedes un gran esforzo para que quedaran así de ben. Noraboa!

4º A

4º B

 


etiquetas:

seguir leyendo...

ASTRO DEL CIEL

escrito el 12 de diciembre de 2011 por en General

Sabedes que é unha  CANZONE NATALIZIA? É como se di panxoliña en italiano.

E para que vaiades aprendendo algunha aqui vos deixo esta que se titula ASTRO DEL CIEL. Seguro que a música vos resulta familiar.

A letra esta incluida máis abaixo. Podedes coñecer algo da historia de esta panxoliña tan popular seguindo este enlace.

LETRA:

Astro del ciel, Pargol divin

mite Agnello Redentor!

Tu che i Vati da lungi sognar

Tu che angeliche voci nunziar

luce dona alle menti

pace infondi nei cuor.

Astro del ciel , Pargol divin

mite Agnello Redentor.

Tu di stirpe regale decor

Tu virgineo, mistico fior

luce dona alle menti

pace infondi nei cuor!

Astro del ciel, Pargol divin

mite Agnello Redentor!

Tu disceso a scontare l´error

Tu sol nato a parlare d´amor

luce dona alle menti

pace infondi nei cuor!

Fuente de la letra en italiano: http://www.iremat.it/astro_del_ciel_testi_canzoni.htm


etiquetas: ,

seguir leyendo...

CREBACABEZAS DO ADVENTO

escrito el 28 de noviembre de 2011 por en General

previewAdviento fano


etiquetas: ,

seguir leyendo...

TEMPO DE ADVENTO

escrito el 23 de noviembre de 2011 por en General

O Advento é o tempo de preparación para o Nadal. Co Advento comenza o ano litúrxico cristián.

Advento ven do latín “adventus” que significa venida, chegada. Neste tempo, que comenza catro domingos antes do Nadal, os cristiáns preparámonos para o nacemento de Xesús. Para a venida do Neno Deus.

Preparámonos con esperanza e alegría para o cumprimento da promesa de Deus. “Preparamos o camiño” facendo oración e boas obras. Estamos atentos a ser mellores persoas axudando ós que temos ó lado, o noso próximo.

Neste tempo notaremos algúns cambios na misa: non se reza o gloria, se reducen os cantos con instrumentos, a cor da casula do sacerdote é o morado. Utilízase a cor morada porque esta é a cor da penitencia e a conversión.

O símbolo do Advento é a COROA DE ADVENTO.


etiquetas:

seguir leyendo...

RELATO DA CREACIÓN

escrito el 3 de noviembre de 2011 por en General

etiquetas:

seguir leyendo...

DOMUND 2011

escrito el 18 de octubre de 2011 por en General

 

Despois de ver o DVD contesta:

  • Que ten de difícil o que fan os misioneiros?
  • Que cres que lles leva a saír do seu país e adicarse a actividade misioneira?
  • Que ten que ver o que fan os misioneiros co evanxeo?

 


etiquetas:

seguir leyendo...

OS EVANXEOS

escrito el 12 de octubre de 2011 por en General


etiquetas:

seguir leyendo...

A FLOR DA AMIZADE

escrito el 10 de octubre de 2011 por en General,Vídeo blog

Os nenos da escola unitaria de Boavista aprendemos a ser todos amigos e a facer as cousas xuntos e compartir. Proba de eso é o mural que fixemos entre todos e que chamamos A FLOR DA AMIZADE.

 


etiquetas:

seguir leyendo...

PREGUNTAS FUNDAMENTAIS

escrito el 2 de octubre de 2011 por en General

Que son preguntas fundamentais?

¿QUIENES SOMOS?  ¿DE DONDE VENIMOS? ¿A DONDE VAMOS?

¿Cuándo fue el Gran Estallido?

¿Dónde estamos antes de nacer?

¿Dónde está el eslabón perdido?

¿Dónde vamos después de morir?

¿Qué son los agujeros negros?

¿Se expande el universo?

¿Es concavo o convexo?

¿Quienes somos?

¿De donde venimos?

¿A dónde vamos?

¿Estamos solos en la galaxia o acompañados?

¿Y si existe un más allá?

¿Y si hay reencarnación?

¿Quiénes somos?

¿De dónde venimos?

¿A dónde vamos?

¿Estamos solos en la galaxia o acompañados?

¿Qué es el ser?

¿Qué es la esencia?

¿Qué es la nada?

¿Qué es la eternidad?

¿Somos alma?

¿Somos materia?

¿Somos sólo fruto del azar?

¿Es fiable el carbono 14?

¿Es nuestro antepasado el hombre de Orce?

¿Quienes somos?

¿De dónde venimos?

¿Adónde vamos?

¿Estamos solos en la galaxia o acompañados?

¿Y si existe un más allá?

¿Y si hay reencarnación?

Siniestro Total


etiquetas:

seguir leyendo...

DENTRO DE TI TES UN TESOURO

escrito el 30 de septiembre de 2011 por en General

Dentro de ti hai un tesouro…Búscao!

by pARTido

Fuente: pARTido


seguir leyendo...

LA LLAMADA DE SAMUEL

escrito el 20 de septiembre de 2011 por en General

etiquetas:

seguir leyendo...

HORARIO ESCOLAR

escrito el 14 de septiembre de 2011 por en General

Para estar organizados compre ter ben claro o horario. Aqui tendes dous modelos que podedes imprimir e completar.

 

 

Tamén podedes imprimilo totalmente en branco e escribir vos as horas neste enlace


etiquetas:

seguir leyendo...

DE NOVO NO COLE!

escrito el 13 de septiembre de 2011 por en General

Xa estamos de volta ó cole! Alégrame moito veros tan ben a todos. Espero que descansarades no verán e que veñades con moitas ganas de traballar.

Pouco a pouco irán aparecendo cousas novas no blogue.

Ánimo para o novo curso e para os que vos incorporades novos sede benvidos/as.

Moitos bicos a todos.

 


seguir leyendo...

VACACIÓNS

escrito el 1 de julio de 2011 por en General

Por fin chegaron as vacacións que tanto estabades esperando. Espero que as notas foran boas e podades disfrutar de un merecido descanso. Eu polo pronto vou ir este fin de semana a un lugar de moita paz onde espero descansar e renovar forzas para o novo curso.

Para que non vos aburrades moito este verano deixovos uns deberes que espero que fagades:

1º ler un pouco cada día

2º coidar e darlle mimos ós avós e avoas

3º axudar a papá e mamá no que precisen

4º XOGAR MOITO, MOITÍSIMO!

E sobre todo nos vos esquezades de ser bos/boas


seguir leyendo...

ORACIÓNS DAS NOSAS AVOAS

escrito el 30 de junio de 2011 por en Fotolog,General

Con algo (moito) de retraso pero aquí tendes as fotos do traballo que fixeron os de 2º curso. Foi un precioso traballo de recopilación para o que contaron coa colaboración das súas avoas. Para elas moitas gracias

 E aquí están os artistas de 2º A e 2º B

TODOS XUNTOS:


seguir leyendo...

A ASCENSIÓN DE XESÚS

escrito el 2 de junio de 2011 por en General

etiquetas: , ,

seguir leyendo...

TI ELIXES

escrito el 29 de mayo de 2011 por en General

Neste video sobre a clase de relixión participa un famoso futbolista. Sabes quen é? 


seguir leyendo...

GARCÍA LORCA EN GALEGO

escrito el 19 de mayo de 2011 por en General
ROMAXE DE NOSA SEÑORA DA BARCA
¡Ai ruada, ruada, ruada
da Virxen pequena
e a súa barca!
A Virxen era pequena
e a súa coroa de prata.
Marelos os catro bois
que no seu carro a levaban.
Pombas de vidro traguían
a choiva pol-a montana.
Mortas e mortos de néboa
pol-as congostras chegaban.
¡Virxen, deixa a túa cariña
nos doces ollos das vacas
e leva sobr´o teu manto
as froles da amortallada.
Pol-a testa de Galicia
xa ven salaiando a i-alba.
A Virxen mira pra o mar
dend´a porta da súa casa.
¡Ai ruada, ruada, ruada
da Virxen pequena
e a súa barca!
 
Escrito por Federico García Lorca (1935)

etiquetas:

seguir leyendo...

MARIA NAI DE DEUS

escrito el 17 de mayo de 2011 por en General

ACTIVIDADES 3º CICLO

Escoita o relato e fai as actividades

Ordena as viñetas

Completa

A Virxe María e a Igrexa


etiquetas:

seguir leyendo...

COLORAR A MARÍA

escrito el 10 de mayo de 2011 por en General

Colora a Virxe María on line. Preme na imaxe


etiquetas:

seguir leyendo...

CORPO MÍSTICO DE CRISTO

escrito el 6 de mayo de 2011 por en General

Busca na túa Biblia 1 Cor 12, 12-27


Resposta no teu cuaderno as seguintes preguntas:
– Con qué compara o apóstolo Paulo ós membros da comunidade de Corinto?
– Son todo-los membros do corpo iguais? Teñen a mesma función?
– Algúns dos membros do corpo, son innecesarios?
– Que membros do corpo di Paulo que son os máis necesarios e requiren máis coidados?
– Poderíamos prescindir de algún membro do corpo sin que todo el sufrira?


etiquetas:

seguir leyendo...

VIVE PARA SEMPRE

escrito el 30 de abril de 2011 por en General


etiquetas:

seguir leyendo...

QUEN CHE QUERE COMA MIN?

escrito el 24 de abril de 2011 por en General

A diócese de Calahorra y La Calzada-Logroño prepararon este vídeo para animar á matricula na clase de relixión coa canción de Carlos Baute “Nadie te quiere como yo”

 


seguir leyendo...

ANIVERSARIO DA CATEDRAL

escrito el 21 de abril de 2011 por en General

 

A catedral de Santiago de Compostela celebra hoxe 800 anos da súa consagración. Este acontecemento foi declarado de interese público polo goberno de España.

O  21 de abril de 1211 o bispo Pedro Muñíz consagraba solemnemente a catedral románica adicada ó apóstolo Santiago.

Para saber máis pincha aqui

 


etiquetas:

seguir leyendo...

ENTRADA EN XERUSALÉN

escrito el 15 de abril de 2011 por en General

Este cuadro leva por título A entrada de Xesús en Xerusalén e foi pintado por Fra Anxélico.

Fra Anxélico naceu en Vicchio no ano 1387 e morreu en Roma no 1455. Decorou con pinturas ó fresco os claustros e a capela do convento de San Marcos en Florencia. Na súa pintura uniu a tradición gótica coas novas correntes renacentistas, prodominando nelas un sentido espiritual.

Esta obra representa a entrada de Xesús en Xerusalén. Xesús aparece no centro da imaxe, cós apótolos á esquerda e a xente do pobo á dereita. Os apóstolos van nimbados. As cores son suaves  e de tonos variados. Pinta árbores moi rudimentarios para mellorar a perspectiva.

 


etiquetas: ,

seguir leyendo...

TRABALLAR COA PELÍCULA

escrito el 14 de abril de 2011 por en General

 A película “O home que facía milagres” manifesta os principais acontecementos da fe cristiá.

Resposta ás seguintes preguntas na túa libreta.

  1. A historia comenza na cidade de Séforis. Na plaza do pobo aparecen os personaxes que a van interpretar. Identifícaos:

Xesús; Tamara; María Magdalena; Xairo; Cleofás

Muller que queren pegar; carpinteiro; nena enferma; amigo de Xairo; Pai de Tamara.

Xesús traballa de carpinteiro na construcción dunha sinagoga. Cando volve a casa cóntalle a súa nai que lles dixo que tiña outro traballo. De que traballo se trata?

Xesús atópase con Lázaro e vai con el a súa casa. Dille a Marta que fai moitas cousas polos demais, pero, de que non se ten que esquecer?

María Magdalena vai ó sepulcro. A quen se aparece Xesús? Quen é o último en crer que Xesús resucitou? Que misión encomenda Xesús ós apóstolos? Que lles promete?

Rotula na túa libreta con letras bonitas as últimas palabras que pronuncia Tamara e coas que a película termina:

O REINO DE DEUS CHEGOU E EL ESTARÁ CON NÓS PARA SEMPRE

 


etiquetas: ,

seguir leyendo...

O HOME QUE FACÍA MILAGRES

escrito el 13 de abril de 2011 por en General

Esta película está feita con imaxes de animación, combinando dúas técnicas diferentes: os bonecos articulados movidos fotograma a fotograma e o debuxo animado tradicional.

A narración comenza na cidade de Séforis, onde Xesús traballa de carpinteiro na construcción da sinagoga. Traballo que abandona para dedicarse á unha nova obra.

Trailer da película:

FICHA TÉCNICA:

Título orixinal: The Miracle maker

Dirección: Derek W. Hayes, Stanislav Sokolov

País: Reino Unido, Rusia

Ano: 1999

Duración: 90 minutos

Xénero: animación

Calificación: tódolos públicos.


etiquetas: ,

seguir leyendo...

QUE É A SEMANA SANTA

escrito el 10 de abril de 2011 por en General

Na Semana Santa recordamos a paixón, morte e resurrección de Xesús. Comenza o Domingo de Ramos e remata o Domingo de Pascua. Non debemos recordar con tristeza que Xesús morreu, senón celebrar a súa entrega por amor e a súa resurrección, anticipo da nosa propia resurrección.

Dias sinalados:

Domingo de Ramos: celebramos a entrada triunfal de Xesús en Xerusalén en que foi recibido con palmas. Por iso nós imos ese día a misa con palmas e ramos de oliveira ou loureiro.

Xoves Santo: recordamos a Última Cea de Xesús cós apóstolos e a institución da Eucaristía.

Venres Santo: paixón e crucifixión (morte na cruz) de Xesús

Domingo de Pascoa: tamén chamado domingo de resurrección. Celebramos a resurrección de Xesús. Pascoa é o paso da morte á vida.

Por que a Semana Santa cambia de data cada ano?

Os xudeos celebraban a festa de Pascoa en recordo da liberación da escravitude de Exipto o día da primeira lúa chea de primaveira. Por eso sabemos que cando Xesús celebraba a Última Cea cós discípulos era noite de lúa chea.

A Igrexa marca a Semana Santa coincidindo coa primeira lúa chea do equinocio de primaveira. E o Domingo de Pascoa é o primeiro domingo despois de esta lúa, coincidindo sempre entre o 22 de marzo e o 4 de abril.

Este ano a festa de Pascoa cae o 24 de abril. E a dos próximos anos é:

2012: 8 de abril

2013: 31 de marzo

2014: 20 de abril

2015: 5 de abril

 

Via Crucis para imprimir e colorar.

 


etiquetas:

seguir leyendo...

ENTRADA EN XERUSALÉN

escrito el 6 de abril de 2011 por en General

Video sobre a entrada de Xesús en Xerusalén para os máis cativos.


etiquetas:

seguir leyendo...

O BAUTISMO EN BOAVISTA

escrito el 6 de abril de 2011 por en General,Vídeo blog

Os alumnos da escola infantil de Boavista aprendimos algunhas cousas sobre o bautismo. Coñecimos algúns dos elementos presentes neste sacramento e fixemos este mural entre todos con fotos do noso bautizo:

 


etiquetas: ,

seguir leyendo...

PERSONAXES DO ANTIGO TESTAMENTO

escrito el 31 de marzo de 2011 por en General

Para os alumnos de 5º. Déixovos unhas pistas e unhas preguntas guía para o traballo que tedes que facer. Espero que vos axuden

ABRAHAM:

Abraham coñécese como o primeiro patriarca do pobo de Israel. Pola súa confianza en Deus, Abraham é modelo para xudeos, cristiáns e mulsumáns, que o recoñecen como o pai de todos os crentes.

Responde as seguintes cuestións: Rexión onde naceu; nome da súa esposa; rexión a que emigrou; razón pola que emigrou; promesa que lle fixo Deus; actitude de Abraham ante esa promesa; como se cumpriu a promesa de Deus?

MOISÉS:

Moisés naceu nunha época en que o pobo hebreo era escravo en Exipto. Deus escolleu a Moisés para unha misión moi especial: liberar o pobo de Israel de Exipto e guialo a Canaán, a terra prometida a Abraham, Isaac e Xacobe.

A Moisés non lle foi doado decir sí a Deus. Tiña medo, pero aceptou. Por que o fixo?

Responde: onde naceu Moisés? Por quen foi salvado? Que significa o seu nome? Como vivían os hebreos en Exipto? Con que palabras se presenta Deus a Moisés? Que misión lle encarga? Que lle di a Moisés para tranquilizalo?

DAVID:

David foi rei de Israel. Con el os israelitas foron fieis a Deus e a alianza e o seu reino gozou de paz e prosperidade.

Responde: Lugar de nacemento de David; nome do seu pai; número de irmáns que tiña; xuíz que o elixiu rei; palabras que dixo para escollelo a el e non a seus irmáns máis altos e fortes; rei ó que sucedeu; cidade que fixo capital do reino; significado do nome Xerusalén; contido da arca da alianza; a quen atribuía os seus éxitos; libro onde están escritos os seus poemas.

 


etiquetas: , ,

seguir leyendo...

CAMIÑO DA COARESMA

escrito el 28 de marzo de 2011 por en Vídeo blog

Traballo mural feito polos alumnos de 6º que nos amosa o itinerario da Coaresma dende o Mércores de Cinza ata chegar ó gran acontecemento da Pascua.

Nesta presentación podemos ver a evolución do traballo

Podedes ver máis fotos aqui. Espero que vos gusten.


etiquetas:

seguir leyendo...

PRIMEIRAS COMUNIDADES CRISTIÁS

escrito el 26 de marzo de 2011 por en Fotolog

Por fin! Despois de varios intentos xa temos as fotos do mural feito como remate do tema sobre as primeiras comunidades cristiás feito polos alumnos de 6º

e os seus autores


seguir leyendo...

É TEMPO DE CAMBIAR

escrito el 20 de marzo de 2011 por en General

Seguimos outra semana máis de Coaresma. Tempo de conversión e de cambiar nos nosos corazóns o odio por amor. Entre todos podemos facer un mundo mellor.

 


etiquetas: ,

seguir leyendo...

Debuxos de San Xosé

escrito el 16 de marzo de 2011 por en General

Para os que me pedides debuxos para colorar on line deixovos un enlace para colorar a San Xosé

 

E outros para imprimir e colorar na casa


etiquetas:

seguir leyendo...

CREBACABEZAS COARESMA

escrito el 12 de marzo de 2011 por en General

Pincha na imaxe e poderas facer o crebacabezas dun debuxo de Fano.

50 pezas
preview


etiquetas: ,

seguir leyendo...

QUE É A COARESMA?

escrito el 12 de marzo de 2011 por en General

Un video, moi breve, que nos explica que é a Coaresma. Sabes de onde proceden as cinzas que se usan o Mércores de Cinza? Que propostas nos fai a Igrexa para vivir estes dias?

 


etiquetas:

seguir leyendo...

A COARESMA

escrito el 10 de marzo de 2011 por en General

A Coaresma é un tempo litúrxico de conversión. É un tempo de preparación para a gran festa da Pascua.

A Coaresma dura 40 dias. Comenza o Mércores de Cinza e remata o Xoves Santo. Na liturxia notaremos algúns cambios: desaparecen as flores, o sacerdote viste de morado, que é a cor da penitencia, e non se canta o aleluia.

É un tempo de arrepentirnos do que fixemos mal e de cambiar algo de nós para ser mellores e vivir como verdadeiros fillos de Deus. Este camiño de conversión o facemos escoitando a Palabra de Deus, orando, compartindo cós demáis e facendo cousas boas.

Estes dias votamos dos nosos corazóns o odio, a envexa e os celos que nos separan do amor a Deus e ó próximo. Na Coaresma aprendemos a parecernos máis a Xesús e a vivir máis cerca de Deus.

 


etiquetas:

seguir leyendo...

COLORAR O PRINCIPE DE EXIPTO

escrito el 10 de marzo de 2011 por en General

Preme na imaxe e terás un montón de debuxos da pelicula “O principe de Exipto” para imprimir e colorar


etiquetas:

seguir leyendo...

O PRINCIPE DE EXIPTO

escrito el 9 de marzo de 2011 por en General

O Príncipe de Exipto é unha película musical de animación do ano 1998. A película é unha adaptación do libro do Éxodo e sigue a vida de Moisés dende que era un principe de Exipto hasta o seu destino final dirixindo a saída dos escravos hebreos de Exipto.

 

FICHA TÉCNICA

TÍTULO ORIXINAL: The prince of  Egypt

DIRECCIÓN: B. Chapman, S. Hickner, S. Wells

MÚSICA: Hans Zimmer

XÉNERO: Animación

PRODUCTORA: DreamWorks Pictures

Despois de visualizar a película en clase de 5º imos analizar e completar a ficha de traballo de estas dúas escenas:

 LIBERANOS:

Que che suxire o inicio da secuencia? En que lugar se desenvolve? Quen traballa? En que condicións o fan? Que di a canción?

MOISÉS E A SILVEIRA:

Este fragmento está en inglés, para que practiquedes idiomas…

De quen é a voz en off? Que fai Moisés ante a silveira? Que lle pide Deus e como responde Moisés? Que lle di Deus a Moisés para tranquilizalo?


etiquetas: ,

seguir leyendo...

A FE E O ENTROIDO

escrito el 6 de marzo de 2011 por en General

Chega o entroido e en algúns lugares se celebran concursos de chirigotas.

As chirigotas son agrupacións musicais de carácter carnavalesco. Tamén se chaman chirigotas as cancións interpretadas por estes grupos con letras humorísticas e satíricas sobre temas de actualidade. O seu obxectivo é facer rir ó público.

A chirigota “Los defensores de Luis” cantan esta copla sobre o que significa ser crente.

LETRA:

Cada vez que digo que yo soy creyente,

aparece algún valiente que me juzga

con la voz cobarde del intransigente

que surge siempre de la censura.

Esos que presumen ser inteligentes

y van buscando su razón en la incultura

porque no entienden que la fe me haga más fuerte,

que simplemente es un invento de los curas.

Que surge nada más,

que surge por el miedo hacia la muerte.

Y a quien se ofende si le doy gracias a Dios,

y a quien se ofende si le pido protección,

que más me da quien me comprende

si el creer me hace más fuerte y me hace ser mejor persona.

Si a Dios lo encuentro solamente en el amor,

y no en las manos indecentes

que se justifican si le adoran,

y en las manos pederastas

ni de aquellos que mataran

ni juraran en su nombre.

Dios está en las manos del que ayuda,

del que no pregunta nunca

y que perdona los errores.

Ese es el Dios que me llena,

ese es el Dios que ilumina,

y si en el mismo día en que me muera

compruebo de verdad que no existiera,

la misma fe que muchos tirarían

si me hizo ser feliz toda mi vida,

ya habría valido la pena,

ya habría valido la pena.


etiquetas:

seguir leyendo...

O IMPORTANTE NA FAMILIA

escrito el 6 de marzo de 2011 por en General

Os alumnos e alumnas de terceiro aprendimos que o máis importante na familia é o amor e o reflexamos neste mural decorado con fotos familiares.


seguir leyendo...

MISIÓN: O PAPA

escrito el 25 de febrero de 2011 por en General

Iniciamos o traballo sobre Benedicto XVI. Completamos a fase 1 e 2 do caderno do investigador cos seguintes recursos:

RECURSO 1

RECURSO 2

RECURSO 3


etiquetas:

seguir leyendo...

ABRAHAM, UN HOME DE FE

escrito el 22 de febrero de 2011 por en General

Abraham é un dos grandes personaxes da Biblia. Coñécese como o primeiro patriarca do pobo de Israel e a súa historia podemos lela no libro do Xénese.

Podes ler unha versión adaptada premendo na imaxe   e coñecer así a promesa que lle fixo Deus.

Abraham é modelo de confianza en Deus. Deus prometeulle terra e descendencia para formar o pobo de Deus e Abraham confiou nel.

Pola súa confianza en Deus, Abraham é modelo para xudeos, cristiáns e mulsumáns, que o recoñecen como o pai de todos os crentes.

 

 


etiquetas:

seguir leyendo...

MURAL A FAMILIA

escrito el 14 de febrero de 2011 por en Fotolog,General

Os alumnos de 3º fixemos un mural sobre a familia de Xesús que completamos co noso árbore xenealóxico.

Aquí tedes os resultados

3º A

 

 

3º B


etiquetas:

seguir leyendo...

FACERSE AMIGOS

escrito el 10 de febrero de 2011 por en General

En segundo de primaria estivemos aprendendo que AMAR Ó PRÓXIMO É FACERSE AMIGO. Aprendemos a parábola do bo samaritano e pintamos as secuencias da historia para recordar que temos que axudar a quen o necesite. 

Láminas para colorar: 


etiquetas:

seguir leyendo...

CAMPAÑA MANS UNIDAS

escrito el 10 de febrero de 2011 por en General

Este próximo domingo día 13 celébrase a xornada nacional de Mans Unidas.

Mans Unidas é unha Organización Non Gubernamental para o desenrolo, católica e de voluntarios, o seu fin é a loita contra a fame, a pobreza, o subdesenvolvemento e as causas que o provocan.

O manifesto que Mans Unidas redatou con este motivo chama a loitar contra este problema e afirma que na medida que consigamos reducir os niveis de pobreza, analfabetismo, enfermedad e desnutrición, estaremos reducindo as bases para reducir moitas das causas da mortandade infantil.

Mans Unidas comprométese a:

  • loitar para reducir a mortandade infantil e por unha infancia sana e sen riscos, a través de proxectos cuxos obxectivos sexan a protección dos nenos, a formación da muller, a capacitación de persoal sanitario e a creación de condicións adecuadas para o desenrolo dunha vida digna.
  • seguir reclamando ós poderes públicos e a outras institucións que adopten políticas de cooperación coherentes coa defensa da vida dende a súa concepción ata o seu fin natural, o dereito á maternidade sana e saudable e a dignidade dos nenos.

En verdade vos digo que canto fixechedes a ún destes irmáns meus máis pequenos, a min  fixechesmo (Mt 25,40)

En verdade vos digo que canto deixáchedes de facer con un destes máis pequenos, tamén conmigo deixachedes de facelo (Mt 25,45)

 


seguir leyendo...

SAGRADA FAMILIA DO PAXARIÑO

escrito el 7 de febrero de 2011 por en General

Audioguia moi interesante do Museo Nacional de El Pardo sobre algunhas obras de arte representativas

Sagrada Familia del Pajarito

 


etiquetas: ,

seguir leyendo...

A FAMILIA DE XESÚS

escrito el 7 de febrero de 2011 por en General

Todos nós temos unha familia que nos quere e nos coida. Xeralmente, está formada polos pais e irmáns. Pero tamén forman a nosa familia os avós, os tíos e os curmáns.

Xesús tamén viviu coa súa familia en Nazaret, formada polos seus pais Xosé e mais María. Ademais tiña uns tíos, Isabel e Zacarías, e un primo que se chamaba Xoán. Según a tradición tamén tivo uns avós que eran os pais de Maria, Xoaquín e Ana.

Xesús aprendeu de seus pais que o máis importante da vida é amar a Deus e aos demais. O amor era o máis importante na familia de Xesús.

Xesús, Xosé e María forman a Sagrada Familia. A Sagrada Familia é, para os cristiáns, un modelo que se debe imitar.

Nos tempos de Xesús non existían as cámaras fotográficas; pero moitos artistas pintaron escenas da vida de Xesús imaxinándose como sería. Con estes cadros podemos facer un album familiar de cando era pequeno.

Imos coñecer algunhas obras de arte. Para saber máis delas preme na imaxe.

 

 

 


etiquetas: ,

seguir leyendo...

NA ARCA DE NOE

escrito el 2 de febrero de 2011 por en General


etiquetas: , ,

seguir leyendo...

DIA DA PAZ

escrito el 23 de enero de 2011 por en General

O próximo 30 de xaneiro celébrase o Día escolar da paz e a non violencia. Ese día nalgunhas escolas realízanse diferentes actividades que nos recordan o importante que é a paz e a solidaridade entre as persoas de diferente raza, cultura e relixión.

 

Pero nós os cristiáns sabemos que a paz non só é cousa dun día nin queda na escola. Senon que temos que practicala sempre e en todo momento.

 Como o facemos? Pois moi fácil, poñendo en práctica o MANDAMENTO DO AMOR. Para eso non temos máis que pensar en como quero que me traten e se comporten conmigo e facer eu o mesmo cos demais. Así que xa sabedes… a ser amigos.

 


etiquetas:

seguir leyendo...

ACTIVIDADES DA PAZ

escrito el 23 de enero de 2011 por en General

ACTIVIDADES DE RINCÓN SOLIDARIO SOBRE A PAZ.

 Clica nas imaxes para resolvelos

Sopa de letras

 

 

Aforcado da paz


etiquetas:

seguir leyendo...

PAZ NO MUNDO JCLIC

escrito el 23 de enero de 2011 por en General


etiquetas:

seguir leyendo...

CONSTRUO A PAZ

escrito el 23 de enero de 2011 por en General


etiquetas:

seguir leyendo...

Actividades Novo Testamento

escrito el 19 de enero de 2011 por en General

Clica na imaxe e repasa o que é o Novo Testamento.


etiquetas:

seguir leyendo...

ACTIVIDADES LIM SOBRE BIBLIA

escrito el 19 de enero de 2011 por en General

PARA OS ALUMNOS DE 5º CURSO

Fai clic no debuxo e realiza as actividades.


etiquetas:

seguir leyendo...

PELICULA “SAN PEDRO”

escrito el 19 de enero de 2011 por en General

En sexto curso estivemos vendo parte da película “San Pedro” protagonizada por Omar Sharif. Digo parte porque non poidemos vela enteira xa que é moi longa. Pero si vimos o suficiente para coñecer os inicios da Igrexa e cal é a misión que Xesús lle encomendou a Pedro.

Déixovos os datos para que poidades cubrir a ficha técnica da pelicula, e deixo da vosa man a sipnose da mesma (ou da parte que vimos) A ver que tal vos sae.

 

Título: SAN PEDRO
Título Original: SAN PIETRO
Año de producción: 2005
País: Italia
Director: Giulio Base 
Intérpretes:  Omar Sharif, Daniele Pecci, Flavio Insinna, Claudia Koll, Lina Sastri, Sydne Rome …
Fotografía: Giovanni Galasso
Música: Marco Frisina


etiquetas: , , ,

seguir leyendo...

MAPA CONCEPTUAL DA BIBLIA

escrito el 18 de enero de 2011 por en General

 Estes esquemas podente axudar a comprender o proceso de formación da Biblia e do Novo Testamento.

 

 


etiquetas:

seguir leyendo...

A BIBLIA

escrito el 18 de enero de 2011 por en General

A Biblia é un libro moi especial para os cristiáns, porque nel Deus dase a coñecer ó ser humano, e manifesta o que fixo e segue facendo a favor da humanidade.

O término Biblia provén do grego e significa “libros”. Efectivamente, aínda que hoxe nos pareza un só libro en realidade é un conxunto de libros. En concreto está formada por 73 libros que se dividen en dúas partes: Antigo e Novo Testamento.

O Antigo Testamento está formado por 46 libros que contan a historia de Israel dende as orixes da humanidade ata o nacemento de Xesús.

O Novo Testamento contén 27 libros escritos despois da morte de Xesús. Conta a vida e ensinanzas de Xesús e a  formación das primeiras comunidades cristiás.

O máis importante da Biblia é a mensaxe relixiosa que transmite. É un libro de fe.

COMO SE FORMOU A BIBLIA?        

A Biblia é o resultado dun proceso que durou centos de anos. Non a escribiu unha soa persoa nin foi dun dia para outro. Empezouse a escribir uns mil anos antes de Xesucristo e terminouse a finais do século I da nosa era.

O proceso de formación foi o seguinte:

  1. Produciuse un feito histórico (por exemplo o éxodo) que se interpreta dende a fe atribuíndulle un significado relixioso ó sucedido.
  2. Este feito atribuido a Deus contábase na fala da xente e transmitíase de pais a fillos durante anos (tradición oral).
  3. Algunhas persoas escribiron en pergamiños os relatos que se contaban (versiones escritas).
  4. Pasados os anos recolléronse estes escritos soltos e ordenáronse por temas formándose algúns libros.
  5. Finalmente eses libros organizáronse en conxuntos.

Así, antes do nacemento de Xesús xa existían os libros do Antigo Testamento.

 

 O Novo Testamento escribíuse de maneira parecida, pero en menos tempo. Tampoco o escribiu unha soa persoa.

  1. Os apóstolos ían polas aldeas e anunciaban de viva voz o evanxeo.
  2. Algúns cristiáns escribiron en follas soltas algúns feitos e ditos de Xesús que contaban os apóstolos.
  3. Máis tarde os evanxelistas recolleron a información que había sobre Xesús e escribiron cadanseu evanxeo.
  4. Ademáis, S. Paulo e outros apóstolos escribiron cartas e textos que dan testemuño da fe en Xesús e da vida das comunidades cristiás.

A finais do século I xa estaba escrito o Novo Testamento.

Os cristiáns recoñecemos que a Biblia é Palabra de Deus. Escoitala e poñela en práctica é o compromiso de todo-los cristiáns.


etiquetas:

seguir leyendo...

CARTA ÓS REIS

escrito el 20 de diciembre de 2010 por en General


seguir leyendo...

GRACIAS SEÑOR

escrito el 19 de diciembre de 2010 por en General

NESTE ANO QUE XA REMATA DAMOS GRACIAS A DEUS POR TODO O RECIBIDO


etiquetas:

seguir leyendo...

CANCIÓN DOS REIS MAGOS

escrito el 16 de diciembre de 2010 por en General


etiquetas:

seguir leyendo...

COLORA O NADAL

escrito el 8 de diciembre de 2010 por en General

Imprime os debuxos e colora como queiras


etiquetas:

seguir leyendo...

PRIMEIRA SEMANA DE ADVENTO

escrito el 29 de noviembre de 2010 por en General

Comenza a primeira semana de Advento. Xosé e máis María chegan ó cuarto e atopan unha gran desfeita. Terán que arranxalo para que esté listo para o nacemento.

Nos tamén temos que arranxar os nosos corazóns para acoller a Xesús. Para elo fixemos na clase diferentes propósitos que teremos que cumprir.


etiquetas:

seguir leyendo...

O ADVENTO

escrito el 28 de noviembre de 2010 por en General

O Nadal non é só luces, adornos, regalos e villancicos… Para os cristiáns é unha festa moi importante, pois celebramos o nacemento de Xesús.

Por este motivo, catro semanas antes do Nadal, preparámonos e esforzámonos por ser mellores e facer felices ós demáis. Estas catro semanas de esperanza son o tempo de Advento.

O Advento é un tempo de esperanza e alegría:

  • De esperanza, porque Xesús ven ó mundo para traer a salvación de Deus.
  • De alegría, porque fainos felices saber que Deus está con nós.

O símbolo do Adviento é unha coroa con catro velas, unha por cada domingo que falta para o Nadal.

 


etiquetas: ,

seguir leyendo...

TRABALLO DE 3º

escrito el 23 de noviembre de 2010 por en Fotolog,General,Vídeo blog

O curso de terceiro estivemos aprendendo sobre a Creación de Deus. Aprendemos que Deus quería compartir a súa vida e o seu amor e por eso creou o home e a muller. Fíxoos parecidos a sí e deulles o mundo para que o coidasen e vivisen felices nel.
Como remate do tema fixemos un mural entre todo o grupo de clase. Aquí están as fotos de 3º A de como foi todo o traballo.


etiquetas:

seguir leyendo...

AMIGOS DE XESÚS

escrito el 23 de noviembre de 2010 por en General

Os alumnos e alumnas de 2º aprendemos que somos moi importantes e que Deus nos quere e nos coida. Aprendemos tamén que os amigos de Deus confían nel, e que de todos eles o máis importantes é Xesús que nos ensina a confiar en Deus.
Algúns alumnos de 2º B fixeron debuxos de Xesús que aquí mostramos. Son os autores Rubén, Eloy, Yago, Laura e Luís.


seguir leyendo...

BENEDICTO XVI EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

escrito el 6 de noviembre de 2010 por en General

Benedicto XVI xa chegou a Santiago de Compostela.

Imos ver dous videos. O primeiro, do seu recibimento no aeroporto e unhas palabras de saúdo.

 

Este outro, é xa da súa visita á catedral de Santiago de Compostela, onde estuvo rezando no meu lugar favorito, a Capela do Santísimo, e tamén diante dos restos do Apóstolo.


etiquetas:

seguir leyendo...

O PAPA EN SANTIAGO

escrito el 1 de noviembre de 2010 por en General

 

O próximo día 6 de novembro o Papa Benedicto XVI peregrinará a Santiago de Compostela.

Para saber algo da súa vida e coñecelo mellor aquí temos uns videos que traballaremos na clase.

 

BIOGRAFÍA DE BENEDICTO XVI

ELECCIÓN DE BENEDICTO XVI

UN DIA NA VIDA DE BENEDICTO XVI


etiquetas: ,

seguir leyendo...

HISTORIA DE DAVID E GOLIAT

escrito el 1 de noviembre de 2010 por en General


etiquetas:

seguir leyendo...

CANCIÓN A CREACIÓN

escrito el 31 de octubre de 2010 por en General


etiquetas: ,

seguir leyendo...

HALLOWEEN. QUE CELEBRAMOS?

escrito el 27 de octubre de 2010 por en General

“Halloween” deriva do inglés antigo All hallow´s eve  ou Véspera Santa xa que se refire á noite do 31 de outubro, véspera da Festa de Todo-los Santos. Festa que hoxe en día perdeu o seu sentido relixioso para celebrar no seu lugar a noite do espanto, das bruxas e as pantasmas. 

É certo que se poden facer festas de disfraces, facer bromas sanas e divertirse sen entrar nos aspectos macabros do Halloween. Pero as festas reflicten e influen nos nosos valores. E moitos cristiáns esquecen o testemuño dos santos e síntensen atraídos por festexar as bruxas e as pantasmas. Parécelles todo unha broma e unha diversión inofensiva.

Os celtas do norte de Europa festexaban a festa do Samhein que marcaba o fin do verano e das colleitas. Crían que aquela noite o deus da morte permitía ós mortos volver a terra, estendendose así o terror entre as xentes. Para enganar ós espíritus malignos, ás pantasmas e ós monstros, as xentes disfrazábanse para asemellarse a eles e así pasar desapercibidos.

Coa cristianización non todos rexeitaron os costumes paganos. A coincidencia cronolóxica da festa pagana coa cristiá de Todo-los Santos e a dos Fieis Defuntos, fixo que algunhas se misturaran. No canto de lembrar os bos exemplos dos santos e orar polos devanceiros, enchíanse de medo ante as antigas supersticións sobre a morte e os defuntos.

Pero nós, como católicos, sabemos que Cristo Xesús nos libera da morte.  Sólo Él nos protexe da monstrosidade do mal. Sólo Él é o vencedor da morte. Ante Cristo a cultura da morte da paso ó amor e a vida.

Por iso debemos retomar a verdadeira celebración da Festa de Todo-los Santos e a do Dia dos Fieis Defuntos.

No día de Todó-los Santos celebramos ás persoas que chegaron ó ceo, coñecidas ou descoñecidas. Santo é o que chegou ó ceo, contemplan a Deus y non deixan de coidar ós que aínda quedan na terra. Por eso a Igrexa adícalles un día especial no ano para rezar por eles.

No Día de Defuntos acordámonos de todos os que xa non están con nós, e por eso rezamos por eles e adornamos e visitamos os cemiterios.

 

 


seguir leyendo...

UN BURKA EN CLASE

escrito el 27 de octubre de 2010 por en Fotolog,General,Vídeo blog

Os alumnos de 6º curso estamos aprendendo que é eso da dignidade.

Aprendemos que a dignidade equivale ó valor que temos as persoas.
Todos somos valiosos polo feito de ser persoas. Sen distinción de raza, sexo ou relixión. Ademáis, os cristiáns sabemos que somos valiosos porque somos a obra máis preciosa de Deus. Él fíxonos fillos seus e irmáns uns dos outros. Por iso os demais son iguais a min, persoas coma min e coa mesma dignidade.

Sin embargo non sempre é así. A guerra, o terrorismo, o racismo, a pobreza extrema o maltrato … son atentados contra a dignidade humana.

Un exemplo desto témolo en Afganistán, onde as mulleres están obrigadas a levar un burka para saír a rúa. E onde non poden camiñar soas senon acompañadas dun home da súa familia.

Quixemos probar como sería estar debaixo dun burka, e aquí temos as fotos. Como saber quen é quen está no burka? Nin nós mesmos nos recoñecemos


seguir leyendo...

TEST RELIXIÓNS MONOTEÍSTAS

escrito el 6 de octubre de 2010 por en General

Comproba o que sabes das relixións monoteístas. Preme na imaxe para facer o test.


etiquetas:

seguir leyendo...

RELIXIÓNS EN DIÁLOGO

escrito el 6 de octubre de 2010 por en General

Aprende algo máis das relixións facendo clic no debuxo.


etiquetas:

seguir leyendo...

A MENSAXE DA BIBLIA SOBRE A CREACIÓN

escrito el 1 de octubre de 2010 por en General

O libro da Xénese relata de forma poética a creación do universo e dos seres que habitan nel. Este relato non transmite coñecementos científicos, senón unha mensaxe relixiosa.

A Bíblia non é un libro de ciencia. Non pretende decir como apareceu a vida no universo. Emplea unha liguaxe mitolóxica para transmitir unha mensaxe relixiosa. Non ensina verdades científicas senon que nos ensina por que e para que existe o mundo.
A mensaxe da Biblia é esta: Deus comparte a súa creación, a súa vida e o seu amor con todos os seres humanos.

Deus fixo todo ben e bo. E para coroar a súa obra creadora, fixo o máis importante: crear un ser con capacidade para gozar da súa amizade, da creación e ocuparse de coidala.

Deus pon todo o creado nas nosas mans para que o coidemos, compartamos e conservemos con responsabilidade.

E creou o home e a muller iguais en dignidade. Ámbos os creou á súa imaxe e semellanza e deulles a capacidade de razoar, de amarse, de transmitir a vida e de ser libres e responsables.

Deus quixo que todos os homes e mulleres vivisen en amizade con el e, deste xeito fosen completamente felices. E para iso, fíxoos fillos seus e irmáns uns dos outros.

Fumos creados para colaborar na construcción dun mundo mellor. Cuidando e conservando a natureza, e colaborando para que todos os pobos e culturas consigan a paz e o benestar.

 


etiquetas: ,

seguir leyendo...

MOVING-MACACO

escrito el 28 de septiembre de 2010 por en General

Aquí vos deixo o vídeoclip de Macaco patrocinado por National Geographic Channel para conmemorar o día da Terra en España. Nel participan varios artistas que se uniron para dar unha mensaxe a favor da natureza.

Deixovos tamén a letra para que a cantedes

Moving, all the people moving,
one move for just one dream.
We see moving, all the people moving,
one move for just one dream
Tiempos de pequeños movimientos…
movimientos en reacción
Una gota junto a otra hace oleajes,
luego mares…, océanos
Nunca una ley fue tan simple y clara:
acción, reacción, repercusión.
Murmullos se unen, forman gritos,
juntos somos evolución.
Moving, all the people moving,
one move for just one dream.
We see moving, all the people moving,
one move for just one dream
Escucha la llamada de “Mama Tierra”,
cuna de la creación.
Su palabra es nuestra palabra,
su “quejío” es nuestra voz.
Si en lo pequeño está la fuerza,
si hacia lo simple anda la destreza,
volver al origen no es retroceder,
quizás sea andar hacia el saber.
Moving, all the people moving,
one move for just one dream.
We see moving, all the people moving,
one move for just one dream…
MACACO (Puerto presente, 2009)


etiquetas:

seguir leyendo...

AS GRANDES RELIXIÓNS

escrito el 27 de septiembre de 2010 por en General

CRISTIANISMO

ISLAMISMO

XUDAÍSMO

BUDISMO

HINDUÍSMO


etiquetas:

seguir leyendo...

APÓSTOLO SANTIAGO

escrito el 3 de junio de 2010 por en General

Traballamos o material de clase sobre o Apóstolo Santiago e aprendemos máis sobre a súa vida consultando na Biblia os seguintes  textos :

Mt 4, 21-22     

Mt 17,1-2   

Mc 3, 16-17 

Mc 5,37      

Feit 12, 1-2

Outros recursos interesantes que nos poden servir para completar o traballo son:

Camiño de Santiago: orixe e recorrido

O Camiño de Santiago

A catedral de Santiago de Compostela

Visita virtual á Catedral de Santiago de Compostela

O Camiño de Santiago en O Pino

Consellos para o Camiño que ofrece o noso párroco de Arca

E rematamos con algo de música. En primeiro lugar o himno ó Apóstolo cantado na catedral e por último o tema Torres de Compostela cantado por Lucía Pérez.


etiquetas: , , ,

seguir leyendo...

OS DONES DO ESPIRITO SANTO

escrito el 17 de mayo de 2010 por en General


etiquetas: ,

seguir leyendo...

PENTECOSTE puzzle

escrito el 11 de mayo de 2010 por en General

etiquetas: , ,

seguir leyendo...

Radio Kwizera

escrito el 27 de abril de 2010 por en General

Valoración hecha por Raquel (6ºA)

Baruani B. Ndume tiene 16 años. Recibió un premio para reconocer la lucha pacífica contra el odio. El premio se otorgó a este adolescente por el programa que dirige en Radio Kwizera, dedicado a los niños y niñas que han tenido que refugiarse en los campos de Tanzania debido a la violencia de su pais.

El dijo que una parte del premio la mandará para que los niños aprendan a ser periodistas, otra a ayudar a los que están en la calle en la extrema pobreza y otra a ayudar a su familia.

El objetivo de la radio es promover la paz y la reconciliación.

Kwizera quiere decir “esperanza” en swahili.

El mural que hicimos contiene fotos, mapas y una especie de fichas sobre Tanzania. También contiene datos sobre la radio.

Me gusta que confíes en nosotros, pues este mural solo nos lo mandaste hacer a nosotros. Te agradezco que no pararas la iniciativa, que continuaras adelante con él, con todo el apoyo que nos diste. Los niños en general no le pusieron mucho empeño, por el contrario las niñas hicimos lo que pudimos.

Lo que más me gustó fue trabajar en equipo y gracias al mural, con el que aprendimos, nos libramos del examen.


seguir leyendo...

O noso pastor

escrito el 27 de abril de 2010 por en General

Na xerarquía da Igrexa destaca o Papa e os bispos. Identifica estas fotos

e elabora unhas fichas nas que figuren os seguintes datos:

Papa:

  • nome eclesiástico 
  •  nome civil
  • nacionalidade
  •  nome do Papa a quen sucedeu
  • ano en que foi elexido Papa

Arcebispo:

  • nome completo
  • lugar de nacemento
  • nome do bispo a quen sucedeu
  • data na que foi nomeado arcebispo de Santiago de Compostela

Investiga na túa parroquia como se chama o teu párroco e a que santo ou santa esta adicada.


etiquetas:

seguir leyendo...

A Igrexa

escrito el 27 de abril de 2010 por en General

A Igrexa é a comunidade formada por todos os cristiáns. Accédese a ela  polo bautismo.

A súa condición é a dignidade e a liberdade dos fillos de Deus. A súa lei é o amor (“amádevos uns ós outros como eu vos amei”)

A Igrexa está formada por distintos membros, pero todos posuimos a mesma dignidade e todos temos a obriga de colaborar na súa misión.

Cal é a misión da Igrexa?

  • celebrar a fe en Xesús
  • anunciar o Evanxeo
  • construir o Reino de Deus

etiquetas:

seguir leyendo...
Aprender a Pensar