Aprender a Pensar

Bitácora de clase

CPI Camiño de Santiago

O ANO LITÚRXICO

O ano litúrxico é o calendario relixioso da Igrexa católica. Comprende as diversas festas cristiás que se celebran ó longo dun ano. Nel faise un percorrido polos acontecementos máis importantes da vida de Xesús. Está organizado nos seguintes tempos litúrxicos:

– Advento: periodo de catro semanas antes do Nadal. É un tempo para prepararnos para celebrar o nacemento de Xesús.

Cor: morada.

Símbolo: unha coroa de catro candeas (cada domingo acéndese unha).

– Nadal: do 25 de decembro ó primeiro domingo despois de Epifanía (Reis). Celebramos o nacemento de Xesús.

Cor: branca.

Símbolo: o belén.– Primeiro tempo ordinario: tempo para recordar as palabras e os feitos de Xesús. Dura desde o final de Nadal ata Coresma.

Cor: verde.

– Coresma: corenta días desde o Mércores de cinzas ata a Pascua. Preparámonos para a Semana Santa, para celebrar a morte e resurrección de Xesús.

Cor: morada.

Símbolo: a cinza.

A Semana Santa comenza o Domingo de Ramos e termina a véspera do domingo de Resurrección.

– Pascua: tempo para celebrar a resurrección de Xesucristo. Son cincuenta días dende o domingo de Resurrección a Pentecoste.

Cor: branca.

Símbolo: o cirio pascual (simboliza a Xesús resucitado).

– Pentecoste: celebramos a vinda do Espírito Santo.

Cor: vermella.

– Segundo tempo ordinario: desde Pentecoste ata Advento.



escrito el 23 de febrero de 2015 por en General

etiquetas:


Aprender a Pensar