Aprender a Pensar

Bitácora de clase

CPI Camiño de Santiago

A PROL DA DIGNIDADE

Todo-los seres humanos, sen excepción, posuimos a mesma dignidade.

Xesús revélanos cal é a dignidade das persoas na súa maneira de tratar os demais e na súa propia persoa. Ensínanos a tratar ós demais como fillos de Deus e irmáns nosos. É o modelo que debemos seguir os cristiáns.

Nalgunhas ocasións prodúcense situacións que non respectan a dignidade, pero hai persoas que se comprometen no servizo ós mais necesitados.

En 6º B investigamos algunhas institucións que traballan dende a solidariedade en defensa dos dereitos das persoas e da xustiza.

XUSTIZA E PAZ: realizado por Eloi, Luís e Rubén.

D Justicia y paz

É unha organización fundada por Paulo VI. Os seus obxectivos son a defensa e promoción dos dereitos das persoas e dos pobos, con especial énfase na xustiza social, a paz mundial, a solidariedade e a protección do medio ambiente.

MANS UNIDAS: elaborado por Yago, Samuel e Yeray.

D Mans Unidas

Os seus obxectivos son loitar contra a fame, a pobreza e o subdesenvolvemento, especialmente nos paises mais pobres. Traballan para erradicar as causas que as producen, tales como a inxustiza, a ignorancia, os prexuizos, a insolidariedade e a repartición desigual dos bens e das oportunidades.

ENTRECULTURAS: feito por Noa, Sarai e Laura.

D entreculturas

É unha ONG xesuita que trata de promover e reivindicar o acceso á educación das poboacións máis desavorecidas como medio de cambio social e de diálogo entre culturas. Ten a convicción de que a educación é a ferramenta máis poderosa para acabar coa pobreza, promover o desenvolvemento das persoas e da sociedade, loitar contra a inxustiza e favorecer a convivencia social e o diólogo entre os pobres.



escrito el 30 de enero de 2015 por en General

etiquetas:


Aprender a Pensar