Aprender a Pensar

Bitácora de clase

CPI Camiño de Santiago

SAN PAULO DE TARSO

Saulo era natural de Tarso de Cilicia e residía en Xerusalén como estudante da Lei, baixo as ensinanzas de Gamaliel.Saulo estivo presente no martirio de Estevo, era quen gardaba os mantos mentres seus compañeiros o apedraban e aprobaba a súa morte.

Entusiasta defensor das tradicións xudías, entregouse con ardor a persegui-los seguidores de Xesús.

Con cartas de recomendación do Sumo sacerdote, dirixiuse a Damasco co fin de apresar alí a cantos discípulos atopara e levalos atados a Xerusalén. De camiño, cerca xa de Damasco, aconteceu que de súpeto, unha luz do ceo o envolveu co seu fulgor. Caeu no chan e sentiu unha voz que lle decía:

– Xaúl, Xaúl, por que me persegues?

– Quen es ti, Señor?

Eu son Xesús, a quen ti persegues. Pero érguete, entra na cidade, e xa se che dirá o que tes que facer.

Os seus compañeiros de viaxe quedaron parados; sentían a voz mais non vían a ninguén. Saulo ergueuse do chan, pero maila te-los ollos abertos non vía nada. Levárono pola man ata Damasco. Alí botou tres días sen ver, sen comer e sen beber. Ata que Ananías foi visitalo e lle impuso as mans. Saulo recobrou a vista e foi bautizado.Pasou algúns días cos discípulos de Damasco e comenzou a predicar a Xesús nas sinagogas. Os discípulos de Señor coñecíanno coma perseguedor e tardaron en fiarse del. Foi Bernabé o que o levou onda os apóstolos e contoulles que vira o Señor no camiño de Damasco.

(Feit 9, 1-30)



escrito el 28 de mayo de 2014 por en General

etiquetas:


Aprender a Pensar