Aprender a Pensar

Bitácora de clase

CPI Camiño de Santiago

SEMANA SANTA E PASCUA

A Semana Santa non soamentes son uns dias de vacacións. Durante este tempo os cristiáns celebramos a paixón e a morte de Xesús e preparámonos para celebrar a súa resurrección.

A Semana Santa comenzou o Domingo de Ramos. Este día recordamos que as xentes de Xerusalén saíron ás rúas para recibir a Xesús con ramos e palmas.

Cando remata a Semana Santa comenzan as festas de Pascua, durante as que celebramos a resurrección de Xesús e que comenzan co Domingo de Pascua ou Domingo de Resurrección.

A palabra Pascua significa paso. Celebramos que Xesús pasou da morte á vida, resucitou.

Comenzamos a celebrar a Pascua a noite do Sábado Santo na Vixilia Pascual na que se bendice o lume e se prende nel o cirio pascual, símbolo de Xesús resucitado.

Traballos feitos polas alumnas de 2º B



escrito el 5 de abril de 2013 por en General

etiquetas: , ,


Aprender a Pensar