Aprender a Pensar

Bitácora de clase

CPI Camiño de Santiago

A VIRXE DO PEIXE

Título: A Virxe do peixe

Autor: Rafael Sanzio

María e Xesús aparecen sentados nun trono nunha posición máis elevada que o resto dos personaxes.

O pé descalzo de María representa a humildade e a sinxeleza da súa persoa. As cores da súa vestimenta son o azul, que representa o ceo, e o branco, que representa a pureza.

O arcanxo Rafael e Tobías están axeonllados diante de María e de Xesús, símbolo de adoración. Están contando a Xesús e María o feito milagroso da curación da cegueira ó pai de Tobías utilizando un peixe. Xesús e María escoitan atentamente.

San Xerome aparece coa Biblia e o león. Que fai aquí un león? Segundo a lenda Xerome quitoulle unha espiña da pata e este converteuse no seu compañeiro inseparable. A cor vermella do seu manto representa que Xerome era unha persoa importante dentro da Igrexa.



escrito el 4 de Marzo de 2013 por en General

etiquetas:


Aprender a Pensar