Aprender a Pensar

Bitácora de clase

CPI Camiño de Santiago

CAMPAÑA SOLIDARIA SOMOS

En España existen máis de 3 millóns de persoas que colaboran regularmente cunha ONG.  Representan somentes o 8% da poboación, pero a súa aportación é importante para que milleiros de persoas poidan recibir atención.
SOMOS é unha iniciativa que agrupa un gran número de ONGs coa finalidade de fomentar a solidariedade na sociedade na que vivimos, e para recoñecer o que todos os colaboradores das ONG fan cada día.
SOMOS é unha homenaxe ó colaborador actual, e unha invitación a novas persoas para que se sumen ó soño de cambiar o mundo.
8 de xuño é o día elexido para agradecer toda a implicación e o apoio que reciben as ONG por parte dos seus socios e colaboradores. Pero este día tamén quere convertirse nun movemento solidario masivo ¿cómo?
Sal á rúa con algo do revés. Demostremos entre todos que podemos darlle a volta ás cousas e vivir nun mundo mellor

Máis información clicando na imaxe:



escrito el 4 de junio de 2012 por en General


Aprender a Pensar