Aprender a Pensar

Bitácora de clase

CPI Camiño de Santiago

TEMPO DE ADVENTO

O Advento é o tempo de preparación para o Nadal. Co Advento comenza o ano litúrxico cristián.

Advento ven do latín “adventus” que significa venida, chegada. Neste tempo, que comenza catro domingos antes do Nadal, os cristiáns preparámonos para o nacemento de Xesús. Para a venida do Neno Deus.

Preparámonos con esperanza e alegría para o cumprimento da promesa de Deus. “Preparamos o camiño” facendo oración e boas obras. Estamos atentos a ser mellores persoas axudando ós que temos ó lado, o noso próximo.

Neste tempo notaremos algúns cambios na misa: non se reza o gloria, se reducen os cantos con instrumentos, a cor da casula do sacerdote é o morado. Utilízase a cor morada porque esta é a cor da penitencia e a conversión.

O símbolo do Advento é a COROA DE ADVENTO.



escrito el 23 de noviembre de 2011 por en General

etiquetas:


Aprender a Pensar