Aprender a Pensar

Bitácora de clase

CPI Camiño de Santiago

QUE É A SEMANA SANTA

Na Semana Santa recordamos a paixón, morte e resurrección de Xesús. Comenza o Domingo de Ramos e remata o Domingo de Pascua. Non debemos recordar con tristeza que Xesús morreu, senón celebrar a súa entrega por amor e a súa resurrección, anticipo da nosa propia resurrección.

Dias sinalados:

Domingo de Ramos: celebramos a entrada triunfal de Xesús en Xerusalén en que foi recibido con palmas. Por iso nós imos ese día a misa con palmas e ramos de oliveira ou loureiro.

Xoves Santo: recordamos a Última Cea de Xesús cós apóstolos e a institución da Eucaristía.

Venres Santo: paixón e crucifixión (morte na cruz) de Xesús

Domingo de Pascoa: tamén chamado domingo de resurrección. Celebramos a resurrección de Xesús. Pascoa é o paso da morte á vida.

Por que a Semana Santa cambia de data cada ano?

Os xudeos celebraban a festa de Pascoa en recordo da liberación da escravitude de Exipto o día da primeira lúa chea de primaveira. Por eso sabemos que cando Xesús celebraba a Última Cea cós discípulos era noite de lúa chea.

A Igrexa marca a Semana Santa coincidindo coa primeira lúa chea do equinocio de primaveira. E o Domingo de Pascoa é o primeiro domingo despois de esta lúa, coincidindo sempre entre o 22 de marzo e o 4 de abril.

Este ano a festa de Pascoa cae o 24 de abril. E a dos próximos anos é:

2012: 8 de abril

2013: 31 de marzo

2014: 20 de abril

2015: 5 de abril

 

Via Crucis para imprimir e colorar.

 



escrito el 10 de abril de 2011 por en General

etiquetas:


Aprender a Pensar