Aprender a Pensar

Bitácora de clase

CPI Camiño de Santiago

A MENSAXE DA BIBLIA SOBRE A CREACIÓN

O libro da Xénese relata de forma poética a creación do universo e dos seres que habitan nel. Este relato non transmite coñecementos científicos, senón unha mensaxe relixiosa.

A Bíblia non é un libro de ciencia. Non pretende decir como apareceu a vida no universo. Emplea unha liguaxe mitolóxica para transmitir unha mensaxe relixiosa. Non ensina verdades científicas senon que nos ensina por que e para que existe o mundo.
A mensaxe da Biblia é esta: Deus comparte a súa creación, a súa vida e o seu amor con todos os seres humanos.

Deus fixo todo ben e bo. E para coroar a súa obra creadora, fixo o máis importante: crear un ser con capacidade para gozar da súa amizade, da creación e ocuparse de coidala.

Deus pon todo o creado nas nosas mans para que o coidemos, compartamos e conservemos con responsabilidade.

E creou o home e a muller iguais en dignidade. Ámbos os creou á súa imaxe e semellanza e deulles a capacidade de razoar, de amarse, de transmitir a vida e de ser libres e responsables.

Deus quixo que todos os homes e mulleres vivisen en amizade con el e, deste xeito fosen completamente felices. E para iso, fíxoos fillos seus e irmáns uns dos outros.

Fumos creados para colaborar na construcción dun mundo mellor. Cuidando e conservando a natureza, e colaborando para que todos os pobos e culturas consigan a paz e o benestar.

 



escrito el 1 de octubre de 2010 por en General

etiquetas: ,


Aprender a Pensar