Aprender a Pensar

Registrarse

Bitácora de clase

Caminando con Jesús

CPI Camiño de Santiago

RINCÓN DE ORACIÓN

escrito el 1 de Mayo de 2012 por Marisé en General

Comenza o mes de maio, mes de María. Esta vez quero deixarvos neste rincón de oración unha canción a María, porque como dixo Santo Agostiño “quen canta ora dúas veces”. Seredes quen de aprendela?


seguir leyendo...

ACTIVIDADES VIRXE MARÍA

escrito el 15 de Mayo de 2012 por Marisé en General

Clica na imaxe para facer as actividades e coñecer un pouco máis á Virxe María


etiquetas:

seguir leyendo...

ADVOCACIÓNS DE MARÍA

escrito el 10 de Mayo de 2012 por Marisé en General

Mamá, mami, mamita, nai, naiciña… son distintos xeitos de chamar a mamá. Pero a nai é soamentes unha; verdade? Do mesmo xeito a Virxe María e soamentes unha: a nai de Xesús. Pero os cristiáns coñecémola por diferentes nomes. Estes xeitos de chamar a María denomínase ADVOCACIÓNS.

Hai diferentes advocacións de María:

  • Advocacións que nos recordan algúns momentos da súa vida: Natividade, Anunciación, Visitación…
  • Advocacións sobre a fe dos cristiáns en María: Nai de Deus, Inmaculada Concepción, Asunción…
  • Advocacións que nos recordan as axudas que recibimos dela: Amparo, Auxiliadora, Perpetuo Socorro, Esperanza…
  • Advocacións que se refiren ó nome do lugar onde se venera: Fátima, Lourdes, Montserrat, Covadonga, Carmen (do Monte Carmelo)…
  • Advocacións que se refiren ó sitio onde apareceu: Pilar, Barca, Cova, Mar, Camiño…

Tendo esto en conta ides facer un pequeno traballo de investigación: tendes que indagar na vosa parroquia que imaxe hai da Virxe e cubrir unha ficha onde figure:

  1. o nome da parroquia onde está
  2. nome da Virxe e tipo de advocación que é
  3. que día se lle fai festa
  4. en que lugar do templo está situada
  5. finalmente, quedades un rato con ela e escribides un pequeno comentario sobre que impresión vos dou, que vos chamou a atención… e calquera cousa que queirades contar…

Recordade que lle podedes pedir axuda ó cura para que vos sinale onde está a Virxe e seguro que vos pode contar algunha cousa interesante para completar o voso traballo. Sorte a todos/as.

Xa para rematar, podedes imprimir e colorar algunhas imaxes de María neste enlace


etiquetas:

seguir leyendo...

CANCIÓN MARÍA,MARÍA

escrito el 8 de Mayo de 2012 por Marisé en General

Escoitamos e aprendemos a canción María, María.

Respondemos o seguinte cuestionario:

  1. A canción comenza comparando a vida cunha voda triste. A que voda cres que fai referencia? Compróbao en Xn 2, 1-11
  2. Por que esa voda é triste? Como podemos facer nós para que sexa alegre?
  3. Quen fai que todo se converta en festa?
  4. A quen temos que dar vida e amor? Como podemos facelo? Pon exemplos.
  5. Acordámonos de María e Xesús soamentes nos momentos tristes? Cando te acordas ti de María? E de Xesús?

etiquetas:

seguir leyendo...

O MELLOR TRABALLO DO MUNDO

escrito el 29 de Abril de 2012 por Marisé en General

Este video é unha homenaxe ás nais, que sempre están ahí animando e axudando. Sen elas non seríamos o que somos. Con moito amor:


seguir leyendo...

A ELECCIÓN DOS APÓSTOLOS

escrito el 17 de Abril de 2012 por Marisé en General

A Igrexa é como unha gran familia formada por todos os bautizados e dirixida polo Papa o os bispos.
Xesús fundou a Igrexa cando formou o grupo dos doce apóstolos e estes recibiron o Espírito Santo.

A vida dos primeiros cristiáns está contada no libro dos Feitos dos apóstolos.


etiquetas: ,

seguir leyendo...

O FARISEO E O PUBLICANO

escrito el 17 de Abril de 2012 por Marisé en General

A oración é un modo de relacionarnos con Deus.

Os Evanxeos  fálanos de que Xesús oraba con frecuencia, tanto en público como en privado. E ensinoulles ós seus discípulos a facer o mesmo. Pero como facelo? Na parábola do fariseo e o publicano (Lc 18, 9-14) contrapón dúas actitudes.

QUEN DOS DOUS SAÍU DO TEMPLO RECONCILIADO CON DEUS?


etiquetas:

seguir leyendo...

XESÚS E TOMÁS

escrito el 11 de Abril de 2012 por Marisé en General

Xesús resucitado aparécese ós apóstolos, pero Tomás non cre sen ver.

Podes ler o relato completo en Xn 20, 19-31


etiquetas: , ,

seguir leyendo...

TRABALLO SEMANA SANTA

escrito el 11 de Abril de 2012 por Marisé en General

Aquí están as fotos do mural que fixeron os alumnos de 2º ciclo sobre a Semana Santa e Pascua.

Comenzouno 3º A e colaboraron tamén os compañeiros de 4º curso.

NORABOA A TODOS POR TAN BO TRABALLO.


etiquetas: ,

seguir leyendo...

LA HISTORIA DE LA SEMANA SANTA

escrito el 27 de Marzo de 2012 por Marisé en General

Clica na imaxe para ver como foi a última semana de Xesús na terra.


etiquetas:

seguir leyendo...

Aprender a Pensar